Pestanas principais

A Xunta de Galicia licita a obra de ampliación do CEIP Agro do Muíño

Luns, 29 de agosto de 2016

[29-08-2016] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Xunta anuncia no DOG deste luns, 19 de agosto, a resolución da licitación por proceso aberto da obra de ampliación que se levará a cabo no CEIP Agro do Muíño de Ames.

O importe desta obra ascende a un total de 400.000 euros, que se empregarán para aumentar en tres aulas a capacidade do centro educativo. O prazo de presentación de ofertas rematará o luns 12 de setembro; sendo o prazo estimado de execución das obras de tres meses. Premendo na ligazón da túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás acceder á publicación completa no DOG.