[22-07-2015] Esta mañá o alcalde de Ames, José Miñones, e o oficial da Policía Local asistiron a un acto na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, onde o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén Do Campo, fixo entrega de catorce vehículos á Policía Local dos concellos coruñeses de Ames, Boiro, Carnota, Cariño, Cee, Corcubión, Fisterra, Melide, Muros, Ordes, Oroso, Porto do Son, Ribeira e Teo.
A entrega tivo lugar no acceso principal da Cidade da Cultura, ao abeiro dunha orde de axudas en réxime de concorrencia competitiva, dotada de máis de un millón de euros, para a adxudicación destes vehículos a concellos de menos de 50.000 habitantes e que contan con corpo de Policía Local.
Ames foi un dos concellos beneficiados desta subvención a través da cal se lle cedeu en propiedade un vehículo tipo turismo á Policía Local, para a súa utilización polos axentes do corpo de seguridade amesán. Esta concesión faise por un período de dous anos e uns 80.000 quilómetros. Existe a posibilidade de ampliar esta concesión por outros dous anos máis sumando un total de catro. Deste xeito refórzase a colaboración entre a Xunta e os concellos para a mellora dos servizos de seguridade e de xestión de emerxencias de Galicia.
Segundo explica o alcalde de Ames, José Miñones, “esta maña tivo lugar na Cidade da Cultura a sinatura da acta e á entrega do novo vehículo que lle cede a Xunta de Galicia ao Concello de Ames. Deste xeito, a Policía Local conta cun novo vehículo que permite ir renovando o parque automobilístico do corpo de seguridade amesán”.
Contido relacionado
La Voz de Galicia: "Ames, Teo, Ordes, Oroso y Melide reciben vehículos para la Policía Local"