[03-10-2018] Anúlase a xornada micolóxica programada para o sábado 6 de outubro. Así, o Concello de Ames, a través da Aula da Natureza, mantén as saídas do 21 de outubro e do 10 de novembro, mentres que a terceira xornada aínda non ten unha data fixada. Estas saídas estarán dirixidas por Sira López, co obxectivo de achegar o mundo dos cogomelos á veciñanza amesá. Para participar nesta actividade, que conta con un número limitado de prazas, é necesario inscribirse antes das 14.00 horas do venres, 19 de outubro, enviando o impreso de inscrición, que se pode atopar baixo o apartado de descargas desta nova, ao enderezo de correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal. Para obter máis información, pódese chamar ao número de teléfono 660 00 46 65, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Debido a cuestións meteorolóxicas, a Aula da Natureza anula a xornada micolóxica do vindeiro sábado, 6 de outubro. Sen embargo, manterá as saídas do 21 de outubro e do 10 de novembro, ademais dunha terceira sen data fixada. Debido a este cambio, a data de inscrición ampliarase ata o venres 19 de outubro. A iniciativa será guiada pola experta en micoloxía, Sira López, guiará aos participantes no recoñecemento e identificación de cogomelos. A actividade consistirá en tres saídas en horario de 10.30 a 18.30 horas.
Durante as saídas, farase unha pequena parada nalgún merendeiro próximo para que os participantes poidan recargar forzas coa comida caseira. A ruta que se seguira cada un dos días será elixida pola monitora e o responsable municipal da Aula da Natureza, en base ás condicións meteorolóxicas dos días previos ás saídas, así como á diversidade de especies presentes na zona. Nestas saídas tamén poden participar menores, sempre que vaian acompañados por un adulto.
Esta serie de xornadas contan con 45 prazas dispoñibles, polo que é preciso anotarse previamente, enviando o formulario de inscrición –que se pode atopar baixo o apartado de descargas desta nova– ao enderezo de correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o venres, 19 de outubro, ás 14:00 horas. Pódese obter máis información sobre a xornada micolóxica, chamando ao número de teléfono 660 00 46 65, en horario de 9:00h a 14:00 horas.





