Pestanas principais

As xornadas “Acércate” volven este sábado 5 de marzo coa ilustradora Lola Vendetta

Xoves, 03 de marzo de 2022

As xornadas “Acércate” de igualdade e prevención da violencia de xénero retornan esta fin de semana a Ames, xa na súa undécima edición. Despois de que a súa celebración fora adiada no pasado mes de decembro, o evento está de volta coa ilustradora Raquel Riba Rossy, máis coñecida como Lola Vendetta, que asinará libros e ofrecerá un coloquio e un taller de ilustración para todas as idades. Será este sábado 5 de marzo, de 10:00 a 14:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. As persoas que xa reservaran praza en decembro manteñen o seu oco, mentres que o resto pode inscribirse aínda, de balde, en www.acercateaigualdade.com. A programación de actos de 8M ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

A recoñecida ilustradora Raquel Riba Rossy, máis coñecida como Lola Vendetta, será a encargada de protagonizar esta edición das xornadas “Acércate”, que cumpren xa once anos de empoderamento, feminismo e reflexión. O público de todas as idades está convidado a participar nun evento orixinalmente programado para o pasado 4 de decembro, pero que tivo que ser adiado por motivos de saúde.

Baixo o título “Máis vale Lola... que mal acompañada”, a artista convidada liderará unha charla-coloquio na que as persoas asistentes poderán introducirse nun espazo de benestar, reflexión, autocoñecemento e autocoidados. A continuación, impartirá un taller de ilustración para todas as idades, no que compartirá experiencias e sensacións sobre o debuxo e a expresión artística. Finalmente, Lola Vendetta, que conta con máis de 600.000 seguidores en Instagram, asinará libros ás asistentes que desexen gardar un recordo da xornada.

As persoas que xa se inscribiran na actividade para o pasado mes de decembro manteñen o seu oco no evento, que é de balde e conta con prazas limitadas. No caso de querer reservar praza, aínda pode facerse a través da páxina web www.acercateaigualdade.com.

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "Raquel Riva Rossi: «Lola Vendetta me ahorró mucho dinero en psicólogos»"

El Correo Gallego: "Lola Vendetta ofrece reflexión, autocoñecemento feminino e ilustracións"

As xornadas “Acércate” volven este sábado 5 de marzo coa ilustradora Lola Vendetta

Multimedia

  • As xornadas “Acércate” volven este sábado 5 de marzo coa ilustradora Lola Vendetta