[05-05-2016] Este venres, de 10:00 a 12:00 horas, unha técnica da ONG Médicos do Mundo impartirá unha charla sobre o dereito á saúde, dirixida ás persoas inmigrantes veciñas de Ames ou dos municipios veciños. Terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro e a asistencia é aberta e gratuíta.
O Concello de Ames asinou un compromiso de colaboración coa ONG Médicos do Mundo para a realización desta e dunha segunda xornada, dirixida a técnicos municipais e persoas dos centros de saúde, e programada para o venres 13 de maio.
O obxectivo é dar a coñecer ás persoas con permiso de residencia, ou aquelas que tratan de adquirilo, os seus dereitos respecto á atención sanitaria. Na charla falarase das dificultades que estas persoas atopan para conseguir a tarxeta sanitaria ou para ser atendidos no SERGAS. Así mesmo informaráselles das formas de sortear estas dificultades e facer efectivo o seu dereito á saúde.
A charla está tamén aberta á asistencia de calquera persoa interesada neste problemática, e que desexe informarse sobre as vías de acceso para persoas inmigrantes á asistencia sanitaria.
Contido relacionado

El Correo Gallego: "Charla sobre os dereitos dos inmigrantes coa ONG Médicos sen Fronteiras"




