Pestanas principais

Xornada de portas abertas na sede da asociación Arcea-Adames

Luns, 04 de decembro de 2017

[04-12-2017] Este martes, 5 de decembro, a sede da asociación Arcea-Adames no Milladoiro (Rúa de Abaixo, 15) acollerá unha xornada de portas abertas a partir das 11:00 horas.

Se o ano pasado as persoas membro da asociación visitaron a Casa do Concello, este ano é a corporación municipal a encargada de devolverlles a visita, que se realizará co gallo do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional. Á xornada de portas abertas está convidada toda a veciñanza amesá.