Pestanas principais

As xogadoras do CV Bruxas conseguen o cuarto posto no seu primeiro Campionato Galego de Voleibol

Luns, 25 de abril de 2016

[25-04-2016] As rapazas do CV Bruxas regresaron este sábado a casa cun moi salientable cuarto posto do Campionato Galego Sénior de Voleibol. Todos os partidos do torneo, tanto dos equipos femininos como dos masculinos, disputáronse ao longo do sábado 23 de abril no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense. Os xogadores do Dumbría e as xogadoras do Caldario Ourense subirán á Primeira División Nacional tras coroarse gañadores do campionato.

As Bruxas perderon o primeiro partido contra a Asesoría Cervantes Xiria, as xogadoras de Carballo gañaron as amesás por 3 sets a 0. Non obstante na final, que se disputou ás 17:00 horas, foron as xogadoras do Caldario Ourense ás que se impuxeron ás da Costa da Morte co mesmo resultado. As ourensás proclamáronse campioas galegas, mentres que as Calasancias da Coruña arrebatábanlle as xogadoras do CV Bruxas o terceiro posto.

Dúas horas despois da final feminina, ás 19:00 horas, os xogadores do Voleibol Dumbría e os de Calasancias Coruña disputaban a súa propia final. O equipo da Costa da Morte rematou o partido con 3 sets a 1.

O presidente do CV Bruxas, Fernando Lizuain, agradece ás rapazas "todo o esforzo e o traballo" que as levaron até este campionato "na súa mellor tempada", aínda que admitiu que as lesións das xogadoras minguaron o seu resultado. O presidente quixo agradecer tamén a súa labor "ao corpo técnico e, por suposto, "ás e aos seareiros do voleibol que se achegaron o sábado".

Para o Concello de Ames o cuarto posto acadado polo club é todo un éxito xa que hai ben pouco tempo nin se soñaba cunha clasificación como esta. Ademais confíase en que co bo traballo que se está a realizar en breve poidamos gozar dun podio e quen sabe si algo mais. Agradece o Alcalde de Ames a labor do equipo e levar o nome de Ames por Galicia adiante.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El Asesoría Cervantes Xiria logró el subcampeonato gallego de voleibol"