Pestanas principais

Xogade organiza un torneo de xadrez online para a rapazada

Xoves, 09 de abril de 2020

 A campaña de actividade lúdica deportiva XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar) organiza un torneo de xadrez online para o próximo sábado 18 de abril. A actividade está destinada para a rapazada do concello menor de 14 anos e tratáse dunha boa opción para entreterse nestes días de confinamento nos fogares. Para inscricións ou consultar máis información, tes á túa disposición o número de teléfono 633 447 674 (preferentemente por whatsapp) ou no correo electrónico albertodiosqu@hotmail.es.

XOGADE é unha iniciativa promocionada e financiada pola Xunta de Galicia co obxectivo de levar a actividade a todos os concellos galegos e brindar aos escolares coa posibilidade de practicar e competir cos clubs e colexios de toda a comunidade autónoma de Galicia.

Desta maneira, está programado para o próximo sábado 18 de abril un torneo de xadrez online por Xogade. Será a primeira fase, quedando os catro primeiros clasificados para unha fase final o domingo 19 de abril. O torneo xogarase a través da páxina web gratuita lichess.

O número mínimo de xogadores por equipo será de catro, non habendo un número máximo. Este sábado, 11 de abril, haberá un simulacro co fin de saber de maneira máis exacta o número de equipos posibles. Os equipos que cheguen á segunda fase xogarán o sistema liga, é dicir, o mellor xogador do equipo A xogará co mellor xogador do equipo B e así sucesivamente os catro xogadores elixidos por cada equipo.

Polo de agora, están presentes nenas e nenos dos concellos de Ames, Lousame, Narón, Negreira, Noia, Oroso, Pobra, Santiago, Val do Dubra e Vedra. Pero espérase que se sigan sumando máis concellos da Coruña. Nos lugares con máis cantidade de participantes, se o número de nenos é suficiente, a rapazada poderá presentarse representando ao seu colexio.

Ao pé desta nova encontrarás un vídeo explicativo sobre como funciona a páxina web utilizada para o torneo de xadrez. Para inscricións ou consultar máis información, tes á túa disposición o número de teléfono 633 447 674 (preferentemente por whatsapp) ou no correo electrónico albertodiosqu@hotmail.es.

 

Cartel Torneo de Xadrez XOGADE

Multimedia

  • Embedded thumbnail for