Pestanas principais

As XIII Xornadas “Achégate á Igualdade” afondan na necesidade da implicación de ambos xéneros para a consecución da igualdade real

Xoves, 16 de novembro de 2023

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle ao longo da xornada de hoxe as XIII Xornadas “Achégate á Igualdade”, que este ano teñen como lema “Queres formar parte? Novas masculinidades, novas oportunidades”. Nesta edición púxose o foco na necesidade de implicar a ambos xéneros para a consecución da igualdade real e efectiva. Participaron arredor de 140 persoas entre as que se atopaban alumnos/as e profesorado dos institutos de Bertamiráns e do Milladoiro, asi como do Xelmírez e Antón Fraguas, ambos de Santiago de Compostela. Abriron as xornadas o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Uxía García, e mailas técnicas do Centro de Información á Muller de Ames, Maite Arufe e Mónica Antelo.   

Hoxe, 16 de novembro, comezou o programa de actividades de conmemoración do Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. A programación do 25N botou a andar coa celebración das XIII xornadas “Achégate á igualdade”, que este ano teñen como lema “Queres formar parte? Novas masculinidades, novas oportunidades”. Participaron arredor de 140 persoas entre as que se atopaban alumnos/as e profesorado dos institutos de Bertamiráns e do Milladoiro, asi como do Xelmírez e Antón Fraguas, ambos de Santiago de Compostela. Abriron as xornadas o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Uxía García, e mailas técnicas do Centro de Información á Muller de Ames, Maite Arufe e Mónica Antelo.    

O alcalde de Ames, Blas García, destacou que “chegamos a décimo terceira edición destas xornadas. Isto significa que dende o Concello de Ames levamos trece anos loitando, formando e traballando en prol da igualdade de xénero, algo que por desgraza teremos que seguir facendo durante os vindeiros anos. Isto pon de manifesto que por moito que a sociedade vaia cambiando, segue sendo necesario traballar neste senso, porque segue habendo un clara discriminación de xénero. Vémolo na vida diaria. Alégrame que este ano tratemos a desigualdade de xénero dándolle participación aos homes e centrándonos nas novas masculinidades. Eu creo que os homes son unha parte fundamental na loita contra a discriminación e a desigualdade de xénero”.

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Uxía García, explicou que “un ano máis o Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social e Igualdade, organiza un programa de actividades para conmemorar o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. Hoxe iniciamos este programa coa celebración da XIII Xornadas Achégate á Igualdade, que este ano teñen como lema Queres formar parte? Novas masculinidades, novas oportunidades. Teño que agradecerlle ao equipo de Servizos Sociais e da empresa CoidadosÁmente o traballo feito durante os últimos meses para organizar ditas xornadas. Agradecer tamén a presencia das e dos convidados que van ser os verdadeiros protagonistas no día de hoxe”.

A forza do desexo fronte aos roles de xénero establecidos no deporte
Na primeira mesa redonda abordouse “A forza do desexo fronte aos roles de xénero establecidos no deporte”. Neste primeiro coloquio participaron Juan Carlos Permuy, psicólogo e coordinador de programas de CoidadosÁmente en Santiago de Compostela; Carlo Signiorini, patinador en categoría nacional do CPA Ágora de Boqueixón; Martín Casal, ximnasta do Club de ximnasia rítmica Viravolta de Santiago de Compostela; Angy Nogueira, xogadora de fútbol sala no FC Meigas de Ames; e María Pérez, adestradora de fútbol sala do FC Meigas de Ames.

Sobre esta mesa redonda, Juan Carlos Permuy, psicólogo e coordinador de programas de CoidadosÁmente en Santiago de Compostela, dixo que “este coloquio baseouse na forza do desexo que tiñan as/os poñentes dende nenas/os para practicar un deporte que era practicado de xeito máis habitual por persoas de xénero oposto. Deste xeito, María e Angy son adestradora e xogadora dun equipo de fútbol sala. Xa transitaron por diversas dificultades que supoñen as barreiras sociais e estereotipadas, moitas veces que proceden das persoas adultas. Ademais, Carlo e Martín, patinador e ximnasta respectivamente, tamén falaron das súas dificultades para poder practicar estes deportes. Pero o importante é que nestes casos lograron superar ditas dificultades, aínda que como apuntou María Pérez, hai persoas que non logran superar estas dificultades e iso ten evidentemente consecuencias para elas”.

Nós sumamos. Reformas: desculpen as molestias
Posteriormente, impartiuse a conferencia “Nós sumamos. Reformas: desculpen as molestias”. Foi presentada por Belén Montesa, psicóloga e coordinador de programas de CoidadosÁmente en Santiago de Compostela. Dita conferencia foi impartida por Silberio Sáez, doutor en psicoloxía e sexólogo. É codirector de AMALTEA Sexoloxía en Zaragoza.

Silberio Sáez indicou que “hai que animar aos mozos a que entendan dun xeito real, que a igualdade lles reporta beneficios. Temos que ser capaces como educadores, institucións, familias... que os rapaces entendan que vivir en igualdade lles vai facer mellor persoas e que van estar máis satisfeitos coas súas vidas. Se o conseguimos os mozos percibirán a igualdade como algo positivo e non lles creará rexeitamento, que é por desgraza, o que estamos vendo nalgúns mozos adolescentes ante algunhas propostas do feminismo e sobre igualdade”.

Os homes ante o reto da igualdade
A programación continuou coa conferencia “Os homes ante o reto da igualdade”, que foi presentada pola psicóloga do CIM do Concello de Ames, Mónica Antelo. A conferencia foi impartida por Ritxar Bacete, pai de familia numerosa, antropólogo, traballador social e coordinador de Equimundo Center for Masculinities & Social Justice en España (Victoria).

Ritxar Bacete destacou “creo que estamos ante unha revolución dende unha perspectiva evolutiva. Vivimos uns séculos terribles nos que o patriarcado tivo un efecto demoledor. Pensemos que durante as guerras mundiais os homes tiñan que estar dispostos a matar e incluso ir ás guerras a morrer, sen embargo agora o home está nunha situación de camiño de volta á casa, na que volvemos a estar cos nosos fillos e fillas, coidando deles e coidando dos nosos maiores, que é o que nos proporciona satisfacción e relaciona identidades moito máis pacíficas entre os homes”.

Obradoiros centrados na participación dos homes na igualdade
Pola tarde, de 16.00h a 18.00 horas, impartiranse dous obradoiros simultáneos para profesionais. O primeiro taller é “Os homes e a igualdade. Outros modelos de masculinidade para previr a violencia de xénero e os abusos sexuais”. Será presentado por Miriam Otero, coordinadora de programas preventivos de coidadosÁmente en Santiago de Compostela. Imparte o obradoiro, Silberio Sáez, doutor en psicoloxía e sexólogo. É codirector de AMALTEA Sexoloxía en Zaragoza.

O segundo taller é “Claves para comprender as masculinidades e ferramentas de intervención con homes”. Preséntao María Teresa Arufe, asesora xurídica e directora do CIM do Concello de Ames. O obradoiro será impartido por Ritxar Bacete, pai de familia numerosa, antropólogo, traballador social e coordinador de Equimundo Center for Masculinities & Social Justice en España (Victoria).

Peche das xornadas con Jorge Sanmartín
Como peche das xornadas faráselle un acto de recoñecemento ao patinador Jorge Sanmartín, do club amesán Sarela. Jorge Sanmartín vén de acadar o terceiro posto na Copa de Europa de Patinaxe Artístico, que se celebrou na localidade croata de Pula os días 3, 4 e 5 de novembro. O deportista amesán repetiu o mesmo exercicio que lle valeu para clasificarse co sexto posto no Campionato de España engadindo cambios para aumentar a dificultade do mesmo.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Las jornadas del 25-N abogan desde Ames por implicar a ambos géneros en pro de la igualdad"

Ames Go: "Comezan as XIII Xornadas Achégate á Igualdade"

Imaxe das XIII Xornadas Achégate á Igualdade

Multimedia

  • Imaxe das XIII Xornadas Achégate á Igualdade
  • Imaxe das XIII Xornadas Achégate á Igualdade
  • Imaxe das XIII Xornadas Achégate á Igualdade
  • Imaxe das XIII Xornadas Achégate á Igualdade
  • Imaxe das XIII Xornadas Achégate á Igualdade
  • Imaxe das XIII Xornadas Achégate á Igualdade
  • Imaxe das XIII Xornadas Achégate á Igualdade
  • Imaxe das XIII Xornadas Achégate á Igualdade
  • Imaxe das XIII Xornadas Achégate á Igualdade
  • Imaxe das XIII Xornadas Achégate á Igualdade
  • Imaxe das XIII Xornadas Achégate á Igualdade
  • Imaxe das XIII Xornadas Achégate á Igualdade
  • Imaxe das XIII Xornadas Achégate á Igualdade
  • Imaxe das XIII Xornadas Achégate á Igualdade
  • Imaxe das XIII Xornadas Achégate á Igualdade
  • Imaxe das XIII Xornadas Achégate á Igualdade
  • Imaxe das XIII Xornadas Achégate á Igualdade
  • Imaxe das XIII Xornadas Achégate á Igualdade
  • Imaxe das XIII Xornadas Achégate á Igualdade
  • Imaxe das XIII Xornadas Achégate á Igualdade