Pestanas principais

XEA organiza Stock Fóra, unha iniciativa que traerá descontos no comercio local, sorteos e animación nas rúas

Martes, 29 de setembro de 2026

A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) organiza este venres, 2 de outubro, de 17.00 a 20.00 horas, a iniciativa Stock Fóra. Deste xeito, a localidade de Bertamiráns acollerá unha tarde chea de diversión e actividades para toda a familia. Haberá música polas rúas a cargo dunha charanga, talleres para os máis pequenos, flocos de millo e unha ruleta con agasallos. Ademais, con tíckets de compra por un importe mínimo de 10 euros, poderase participar na ruleta de agasallos. Trátase dunha iniciativa organizada polo Concello de Ames, a Xunta de Galicia e Comercio Galego para dinamizar o comercio local e gozar dunha tarde especial.

Este martes, 29 de setembro, presentouse a iniciativa Stock Fóra, unha iniciativa organizada pola Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) e na que colabora o Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica. Con esta campaña preténdese incentivar e impulsar á veciñanza a mercar no comercio local cunha xornada na que os establecementos poidan sacar á rúa a mercancía que teñan en liquidación ou en desconto.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explica que “o Concello de Ames volve a colaborar nesta iniciativa que se vai a celebrar este venres, 2 de outubro, pola tarde nas rúas de Bertamiráns. Espero que os veciños e veciñas de Ames e da contorna visiten os nosos comercios e aproveiten os descontos que se van facer. Esta iniciativa, xunto a outras que organiza XEA, son fundamentais para dinamizar o comercio e a hostalería de Ames”.

Por outra banda, o presidente de XEA, Ramón Cordido, destaca que “esta é a segunda edición desta iniciativa que en 2025 tivo unha boa acollida entre a veciñanza de Ames, por iso decidimos volver a organizala. Estas campaña fanse co obxectivo de que a veciñanza teña un motivo para saír a rúa e visitar o noso comercio. Nesta segunda edición imos contar con máis participación. Haberá máis establecementos socios de XEA que van a colocar os seus stands na rúa para ofrecer os seus produtos con descontos”.

Stock Fóra en Bertamiráns 
Polo tanto, este venres 2 de outubro, os comercios de Bertamiráns, adheridos a XEA, poderán sacar á rúa a mercancía que teñan en liquidación ou desconto. Poderase atopar unha ampla variedade de produtos, como roupa, zapatos, libros ou artesanía, entre outros. A iniciativa realizarase polas rúas de Bertamiráns. Deste xeito, búscase incentivar a compra no comercio de proximidade, ademais de dinamizar e animar a vida nas rúas de Ames. 

Contarase coa actuación dunha charanga que animará as rúas, talleres para os máis pequenos, flocos de millo e unha ruleta con agasallos. Ademais, con tíckets de compra por un importe mínimo de 10 euros, poderase participar na ruleta de agasallos. Trátase dunha iniciativa organizada polo Concello de Ames, a Xunta de Galicia e Comercio Galego para dinamizar o comercio local e gozar dunha tarde especial.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Stock Fóra ofrece compras con descuentos este viernes en Bertamiráns"

El Correo Gallego: "Bertamiráns sacará el comercio a la calle con descuentos, sorteos y animación"

XEA organiza Stock Fóra, unha iniciativa que traerá descontos no comercio local, sorteos e animación nas rúas

Multimedia

  • XEA organiza Stock Fóra, unha iniciativa que traerá descontos no comercio local, sorteos e animación nas rúas
  • XEA organiza Stock Fóra, unha iniciativa que traerá descontos no comercio local, sorteos e animación nas rúas