Mércores, 08 de maio de 2013
[08-05-2013] O Concello de Ames informa de que saíron publicadas as listas de admitidos e agarda das escolas infantís municipais. Poderán consultarse nas propias escolas infantís, na Casa do Concello e nas Oficinas municipais do Milladoiro. Hai 10 días hábiles para efectuar reclamacións dende a data de publicación das devanditas listas.




