Pestanas principais

Xa se pode solicitar o permiso para a realización de cacharelas durante a noite de San Xoán

Luns, 04 de xuño de 2018

[04-06-2018] Achégase a noite máis longa do ano, o 23 de xuño, a véspera de San Xoán. E como manda a tradición esta festividade celébrase saltando as tan típicas cacharelas e comendo a sardiñada que soe acompañar. As asociacións ou persoas que desexen realizar unha cacharela deberán solicitar previamente a autorización do Concello para poder facela. O prazo está aberto ata as 14:00 horas do vindeiro 21 de xuño. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou no Rexistro Auxiliar do Milladoiro. As solicitudes para espazos públicos irán acompañadas dun plano de situación. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os impresos de solicitude para poder facer unha cacharela/sardiñada.