Pestanas principais

Xa se pode solicitar a actuación de grupos musicais do Concello de Ames nas festas populares

Luns, 06 de febreiro de 2023

A Concellaría de Cultura de Ames informa de que está aberto o prazo para solicitar a presenza dos grupos musicais do concello nas diversas festas populares. Deste xeito, xa se pode pedir que actúen as diversas agrupacións de música e baile tradicional, corais e grupos profesionais. A efectos de coordinación na tramitación das concesións, establécense dous prazos de envío de solicitudes: para as festas que se celebren ata o mes de agosto, a data límite será o 10 de marzo; mentres que para os festexos que teñan lugar entre setembro e decembro, poderase mandar a petición de actuación ata o 30 de xuño. O trámite deberá realizarse acudindo aos rexistros municipais do Milladoiro ou de Bertamiráns.

Con esta liña de colaboración o departamento de Cultura busca cooperar na celebración das festas e na súa organización, facilitando a labor do tecido asociativo e das comisións de festas. Así, as actuacións dos grupos de música e baile tradicionais, corais e grupos profesionais deberán ser solicitadas por ditas comisións e asociacións. Para coordinar a tramitación das concesións e na ordenación das distintas peticións, a Concellaría establece dous prazos para realizar as solicitudes das actuacións. Por unha banda, para as festas que se celebren entre xaneiro e agosto, o trámite deberá executarse antes do 10 de marzo. Para todos aqueles festexos que teñan lugar entre setembro e decembro, a data límite é o 30 de xuño.

Os interesados en realizar a solicitude deben dirixirse ao Rexistro da Casa do Concello ou ben ás Oficinas Municipais do Milladoiro. Non se garante a tramitación nin a concesión das actuacións máis alá da data sinalada, e recoméndase que se remitan ditas solicitudes o antes posible, tendo en conta os prazos indicados.

Así mesmo, recórdase que no caso de solicitar a actuación de grupos profesionais, as asociacións ou comisións de festas deberán aportar parte da produción (escenario, xerador, cátering, camerinos, etcétera).

Para máis información sobre os grupos musicais pódese consultar o seu dossier, premendo nesta ligazón

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Música por un tubo: local de ensaio e reservas de grupos para os amesáns"

O grupo A Requinta da Maía, nunha imaxe de arquivo