Pestanas principais

Xa se pode entregar roupa para abastecer o roupeiro municipal e facer fronte as demandas de roupa e aveños da nosa veciñanza

Luns, 08 de xuño de 2020

O roupeiro municipal abriu o pasado 11 de maio as súas portas para facer fronte ás necesidades urxentes de roupa e aveños da nosa veciñanza. Agora, tamén se pode entregar roupa para abastecer o roupeiro, pero sempre solicitando cita previa para facelo con todas as condicións hixiénico sanitarias precisas. Desta maneira, para poñerte en contacto co roupeiro ou pedir a túa cita previa para entregar roupa, chama ao 662 377 044 en horario de 9.00 a 14.00 horas.

A Concellería de Benestar Social, a través da Oficina de Voluntariado de Ames, informa que o roupeiro municipal de Ames xa recolle roupa para abastecerse. Agora mais que nunca, é precisa roupa en bo estado e en bolsas pechadas ou caixas precintadas. Necesítase, sobre todo, aveños infantís e produtos para bebés.

Situado no edificio de Servizos Múltiples de Aldeanova, o roupeiro municipal almacena a roupa recollida nos centros socioculturais de Bertamiráns e do Milladoiro para a súa posterior distribución entre as veciñas e veciños que a solicitan. A través deste servizo faise fronte ás necesidades básicas de roupa, calzado e aveños das persoas con menos recursos do concello. As persoas voluntarias son as principais responsables do funcionamento deste servizo que está en marcha dende o ano 2003 para atender este tipo de necesidades.

A concelleira de Benestar Social e Voluntariado, Luisa Feijóo, destaca que “fai días reabrimos o noso roupeiro municipal para poder facer fronte as demandas de roupa e aveños e xa está outra vez a pleno rendemento. Estes días comezamos a recibir novamente entregas, solicitando cita previa para facelo con todas as condicións hixiénico sanitarias necesarias. Agora, máis que nunca, lembrade entregar a roupa nova ou en bo estado e en bolsas pechadas ou en caixas precintadas. Teño que agradecer a vosa colaboración e doazóns e a labor inestimable das voluntarias sen as cales todo este traballo non sería posible”.

Para poñerte en contacto co roupeiro, podes chamar ao teléfono 662 377 044 en horario de 9.00 a 14.00 horas ou escribir ao enderezo electrónico voluntariado@concellodeames.gal.

Novas relacionadas: 

El Correo Gallego: "Piden prendas infantiles para el ropero de Ames"

Apertura roupeiro municipal

Multimedia

  • Apertura roupeiro municipal
  • Apertura roupeiro municipal
  • Apertura roupeiro municipal