[15-11-2013] O venres, 15 de novembro, o salón de plenos da Casa do Concello acolleu o sorteo dos números premiados na campaña de dinamización do comercio local "Este outono caen premios". Os números premiados son 07721, 05439 e 08149. Ademais, sacáronse dous números suplentes por cada premio por se os portadores dos números premiados non aparecesen. Deste xeito, os números correspondentes ao primeiro suplente de cada premio son 12291, 12008 e 09594, mentres que os números dos segundos suplentes son 09451, 14448 e 00506. Os números premiados e os suplentes tamén serán publicados nos comercios adheridos a esta campaña comercial.
Sorteáronse tres vales de compra por valor de 500 euros cada un, que poderán ser consumidos en calquera dos establecementos participantes na campaña. Nesta iniciativa, que se desenvolveu entre o 1 e o 31 de outubro, participaron máis de 70 establecementos pertencentes as catro asociacións comerciais que existen no concello neste momento. No sorteo estiveron presentes o concelleiro de Comercio e Promoción Económica, Bernardo Moar, e un representante de cada unha das asociacións comerciais de Ames. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o cartel cos números premiados e as bases desta campaña comercial.




