Pestanas principais

Xa se coñecen os gañadores dos concursos de decoración do Nadal 2023

Venres, 09 de febreiro de 2024

A Casa do Concello acolleu este xoves, 8 de febreiro, o acto de entrega de premios ás gañadoras e gañadores do XVIII concurso de escaparates de Nadal e do II concurso de decoración de Nadal veciñal. O alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e o técnico do departamento de Promoción Económica, Jorge Couñago , foron os encargados de repartir os galardóns, que consistiron nuns trofeos e diplomas. En total repartíronse 6.000 euros entre os gañadores/as. No concurso de escaparates repartíronse catro premios dotados cun total de 4.000 euros (1.500 euros para o primeiro, 1.100 para o segundo, 800 para o terceiro e 600 para o cuarto), mentres que no concurso de decoración veciñal repartíronse outros catro premios de 500 euros cada un.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, celebrou onte pola tarde un acto no salón de plenos no que se entregaron os premios dos concursos de decoración do Nadal 2023. En dito acto participaron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e o técnico do departamento de Promoción Económica, Jorge Couñago. O xurado estivo formado por Mónica García, en representación da Oficina municipal de Voluntariado de Ames; Javier Franco, en representación de Protección Civil; Félix Caramés, en representación da Unión de Consumidores de Galicia; e Adréa Ferretti, do espazo de coworking A Proa.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, agradeceu o traballo do xurado, que o tivo “moi difícil para decidir aos gañadores e gañadoras dos dous concursos”. Ademais, destacou que a finalidade destas iniciativas é “dinamizar o comercio local e tamén  darlle maior colorido e animación ás rúas dos núcleos urbanos e ao rural”.

O alcalde de Ames, Blas García, explicou que o concurso de escaparates xa é unha iniciativa consolidada no concello: “Todos os en unha gran participación de comercios, algo que é moi positivo porque axuda a crear una ambiente festivo durante o Nadal e ao mesmo tempo dinamizar o comercio local”. Tamén destacou a boa acollida que tivo a segunda edición do concurso de decoración veciñal, tanto nos núcleos urbanos como no rural amesán.

Certame de escaparates de Nadal
No certame de escaparates de Nadal, o primeiro premio, dotado con 1.500 euros, foi para a escola infantil Merlín. Na segunda posición, galardoada con 1.100 euros, quedou Floristas Carmiña SL, mentres que o terceiro premio, dotado con 800 euros, levouno a Peluquería Cristina Bravo. Para rematar, o cuarto posto foi para Núa, que obtivo un premio de 600 euros.

O xurado utilizou diversos criterios para escoller aos gañadores: orixinalidade e composición, utilización dos produtos propios dos comercios e emprego de elementos reciclados. Ao recoller o premios os/as gañadores/as explicaron a decoración do seus escaparates e como a elaboraron.

Concurso de decoración veciñal
No caso do certame de decoración veciñal, os catro gañadores foron galardoados cun talón de 500 euros para cada un. O primeiro premio foi para María Villanueva Turnes (de Framil), seguida por Tania Díaz Fernández (de Lugar de Pedregal), Pablo José Pouso Iglesias (de Lugar de Carreira) e David Caamanzo Riccardi (da aldea de Raíces). Neste caso as familias gañadoras tamén explicaron en que consistiu a súa decoración e como a elaboraron.

Nesta ocasión, o xurado valorou a creatividade, a orixinalidade e a utilización da iluminación como foco de atracción, así como o uso de materiais de refugallo.

Novas relacionadas:

Ames Go: "Entregáronse os premios de decoración do Nadal a comercios e particulares"

Xa se coñecen os gañadores dos concursos de decoración do Nadal 2023

Multimedia

  • Gañadores do concurso de decoración de escaparates
  • 1º premio do concurso de escaparates
  • 1º premio do concurso de escaparates
  • 2º premio do concurso de escaparates
  • 2º premio do concurso de escaparates
  • 3º premio do concurso de escaparates
  • 3º premio do concurso de escaparates
  • 4º premio do concurso de escaparates
  • 4º premio do concurso de escaparates
  • 1º premio do concurso de decoración veciñal
  • 1º premio do concurso de decoración veciñal
  • 1º premio do concurso de decoración veciñal
  • 2º premio do concurso de decoración veciñal
  • 2º premio do concurso de decoración veciñal
  • 2º premio do concurso de decoración veciñal
  • 3º premio do concurso de decoración veciñal
  • 3º premio do concurso de decoración veciñal
  • 3º premio do concurso de decoración veciñal
  • 4º premio do concurso de decoración veciñal
  • 4º premio do concurso de decoración veciñal
  • 4º premio do concurso de decoración veciñal