Pestanas principais

Xa se coñecen os 12 finalistas do Canta con Ames 2023

Xoves, 10 de agosto de 2023

A praza de Manuel Murguía no Milladoiro acolleu o pasado venres, 4 de agosto, a semifinal da terceira edición do concurso Canta con Ames. Dos 20 aspirantes, o xurado escolleu aos 12 seleccionados para pasar á final. Esta xornada do Canta con Ames contou, ademais, cunha convidada de excepción, María Iglesias, gañadora da categoría xuvenil da pasada edición do Canta con Ames que interpretou un tema. A final do concurso vaise celebrar o sábado 26 de agosto no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. O xurado do concurso está composto por Inés Suárez, Noelia Bellas e Lara López, mentres que a presentadora é Loly Gómez.

O Canta con Ames é un concurso organizado pola Concellaría de Promoción Económica en colaboración coas asociacións de empresarios Novo Milladoiro e maila Xuntanza de Empresarios de Ames. A terceira edición do Canta con Ames comezou coas dúas xornadas de preselección na que participaron 24 persoas de Ames e doutros concellos como Santiago de Compostela, Vigo, Arteixo, Cee, Corcubión, Silleda e Ordes.

Para esta edición establecéronse tres categorías. As dúas persoas inscritas na categoría súper sénior pasaron á categoría sénior, porque tal e como se establece nas bases é necesario que haxa como mínimo 5 persoas inscritas en cada categoría. Na categoría súper sénior había dúas persoas inscritas polo que o xurado decidiu que pasan a formar parte da categoría sénior. Deste xeito, na primeira categoría (infantil ata os 12 anos) inscribíronse 10 persoas; na segunda categoría (xuvenil, de 13 a 20 anos) apuntáronse 6 mozos/as; e na terceira categoría (sénior, de 21 en diante) participaron 8 artistas.

O concurso comezou o pasado venres, 21 de xullo, coa primeira xornada de preselección que se realizou no Milladoiro. A segunda xornada de preselección realizouse o sábado, 29 de xullo, en Bertamiráns. Ao final da segunda xornada de preselección, o xurado anunciou en directo as persoas seleccionadas que pasaron á semifinal.

Deste xeito, as 20 persoas que participaron na semifinal foron: Iker Alonso, Andrea Sendón, María Pose, Julia Barreiro, Ana Ramos, Candela Caamaño, Antía Holovat e Esmeralda Parra (na categoría infantil); Anxo Villanueva, Sofía Lado, Claudia Riotorto, Antía Boo, Paula Fernández, María Álvarez (categoría xuvenil); María Salaño, María Caamaño, Manuel Corbacho, Irís Durán, Noelia Turnes e Ainhoa Conde (categoría sénior).

Participantes clasificados para a final
Na semifinal cada participante interpretou unha canción (ou segmento) en idioma galego/castelán ou en inglés. Trala actuación de todos/as os/as participantes o xurado escolleu ás 12 persoas finalistas que son Iker Alonso, María Pose, Candela Caamaño e Antía Holovat (na categoría infantil); Antía Boo, Sofía Lado, Paula Fernández e María Álvarez (categoría xuvenil); María Salaño, María Caamaño, Noelia Turnes e Ainhoa Conde (categoría sénior).

A final celebrarase o sábado 26 de agosto no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Na final participarán 12 persoas que interpretarán dous temas completos por participante e de diferente estilo musical. Non poderán coincidir en temas musicais entre as persoas candidatas, de ser así, deberán chegar a acordo para non interpretar o mesmo. Este ano o xurado do concurso está composto por Inés Suárez Rey, Noelia Bellas Ferreira e Lara López Suárez, mentres que a presentadora é Loly Gómez Oviedo.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destacou que “o pasado venres viviuse unha xornada de moita emoción e alegría enriba do escenario. Quero felicitar a todos os participantes da semifinal, parabéns aos que pasaron á final e aos que non o conseguiron agradecerlle a súa participación e dicirlles que estariamos encantados de contar con eles para unha vindeira edición”. E engadiu “quero agradecer o trabalo de todas as persoas que fan posible a celebración deste concurso. Hai que agradecer tamén a XEA os vales de 30 euros para as persoas que non se clasificaron para a final. Convido a toda a veciñanza de Ames a que acudan o 26 de agosto a final porque vai ser tamén unha xornada de moita emoción e de grandes sorpresas”.

Dende a Concellaría de Promoción Económica agradecen a colaboración do fotógrafo Víctor Hugo Conde pola realización de fotografías durante as xornada de preselección e semifinal.

Premios
O xurado anunciará o día da final un gañador ou gañadora por categoría. Por cada categoría, aos gañadores ou gañadoras premiaráselle cun trofeo en recoñecemento da participación, unha cesta saudable, un vídeo profesional sobre o seu paso polo concurso, cantar nas prebadaladas de fin de ano e dúas tarxetas valoradas cada unha en 100 euros, que achegan as asociacións Xuntanza de Empresarios de Ames e do parque empresarial Novo Milladoiro.

Por outra banda, ao resto de participantes que chegaran á final en cada categoría premiaráselles cun trofeo, unha cesta saudable, un vídeo profesional do seu paso polo concurso e unha tarxeta regalo valorada en 30 euros para gastar nos comercios da asociación de comerciantes Xuntanza de Empresarios de Ames. As cestas saudables serán elaboradas polo establecemento Froitas e verduras Gelina, de Bertamiráns.

Actuación da orquestra Olympus
Ademais, os/as gañadores/as do concurso Canta con Ames poderán actuar como abreconcerto da orquestra Olympus, que estará o domingo 3 de setembro no Milladoiro.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Doce ruiseñores disputarán la gran final de Canta con Ames en Bertamiráns el día 26"

AMS GO!: "Canta con Ames xa ten finalistas"

Enfoques: "Canta con Ames ya tiene sus 12 finalistas"

Imaxe grupal dos finalistas, xunto con representantes da Corporación municipal e de XEA

Multimedia

  • Xa se coñecen os 12 finalistas do Canta con Ames 2023

  • Embedded thumbnail for