Pestanas principais

Xa se coñecen as gañadoras/es da segunda edición do concurso de fotografía Enfoca Ames

Mércores, 01 de xuño de 2022

A Xuntanza de Empresarios de Ames en colaboración co Concello de Ames organizaron a segunda edición do concurso de fotografía Enfoca Ames. O obxectivo deste certame é fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos do concello de Ames. A esta edición do certame presentáronse un total de 60 fotografías, repartidas entre as tres categorías existentes (paisaxe, macro e artística). O xurado, que estivo composto por catro persoas (dúas achegadas polo Concello e outras dúas por XEA), encargouse de elixir as tres mellores fotografías de cada categoría. Ademais, en cada categoría outorgáronse tres accésits. As persoas premiadas serán notificadas mediante chamada telefónica. Premendo nesta ligazón podes descargar a listaxe de premiados/as desta edición do Enfoca Ames.

Tralo ditame do xurado xa se coñecen as fotografías gañadoras da segunda edición do concurso Enfoca Ames. Este ano o xurado estivo composto por 4 persoas, unha máis que na edición de 2021. Dos 4 membros do xurado, dous foron aportados por XEA e outros dous polo Concello de Ames. O xurado estivo composto polas técnicas de Turismo, Sonia Moure, e de Medio Ambiente, Patricia Reboreda (persoal do Concello de Ames), e por Adrián Cunha, de Pixelín Photo, e Ramón Cordido, ambos propostos por XEA.

Na categoría paisaxe, o primeiro premio foi para Montserrat Leis Fernández coa foto, Remuíño de Paz. O segundo premio recaeu en José Luís Gigirey González coa obra, Brétemas no val da Maía, mentres que o terceiro premio foi para Asier Lusarreta Lizarazu coa instantánea, Corrente Perenne. Os tres accésits recaeron en Roberto Sanmartín Almeida, Pablo Blanco Teijeiro e María Cristina Valdés Ferreiro.

Na categoría Macro o primeiro premio foi para Beatriz Castro Cantón coa obra, Mundo Amarelo. O segundo premio recaeu en María del Carmen Fernández Villaverde coa fotografía, Sorriso arácnido, e o terceiro premio foi para Ainhoa Conde Castro coa obra, Estalotes polo San Xoán. Os accésits foron para Patricia Pérez Corchado, Pablo Blanco Teijeiro e Francisco Javier Riaño Lueiro.

Por último, na categoría artística, o primeiro premio  foi para Pablo Blanco Teijeiro coa instantánea, Paxaros. O segundo premio recaeu en María Cristina Valdés Ferreiro coa obra, Candado de Amor, e o terceiro premio foi para Ainhoa Conde Castro coa fotografía, Vagamundo en AugaPesada. Os tres accésits recaeron en Patricia Pérez Corbacho, Ignacio Sánchez Rial e Javier Antelo Seoane.

As bases recollen a concesión de tres premios en cada unha das tres categorías. O primeiro de 100 euros, o segundo de 50 euros e o terceiro de 25 euros. Os nove premios son cheques para gastar nos comercios asociados á XEA. As persoas agraciadas serán notificadas mediante chamada telefónica. O obxectivo desta iniciativa é fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos do concello de Ames.

Novas relacionadas:

AMSGO!: "Fanse públicos os nomes dos gañadores do concurso fotográfico Enfoca Ames"

Primeiro premio da categoría artística

Multimedia

  • Segundo premio da categoría artística
  • Terceiro premio da categoría artística
  • Primeiro premio da categoría paisaxe
  • Segundo premio da categoría paisaxe
  • Terceiro premio da categoría paisaxe
  • Primeiro premio da categoría macro
  • Segundo premio da categoría macro
  • Terceiro premio da categoría macro
  • Accésit outorgado na categoría macro
  • Accésit outorgado na categoría macro
  • Accésit outorgado na categoría macro
  • Accésit outorgado na categoría paisaxe
  • Accésit outorgado na categoría paisaxe
  • Accésit outorgado na categoría paisaxe
  • Accésit outorgado na categoría artística
  • Accésit outorgado na categoría artística
  • Accésit outorgado na categoría artística
  • Xuntanza do xurado