Pestanas principais

Xa podes votar no concurso de fotografía #SexualizArte

Luns, 06 de setembro de 2021

A Concellaría de Mocidade organizou a I edición do concurso de fotografía #SexualizArte, dirixido a mozas/os de entre 18 e 30 anos. As imaxes que participaron xa están publicadas no instagram @omixames. Se eres seguidor/a da conta, poderás dar like a túa preferida ata o 14 de setembro. Aquelas fotos con máis “likes” serán as gañadoras do concurso.

O certame de fotografía busca as mellores fotografías relacionadas coas diferentes realidades e vivencias en torno á sexualidade, facendo fincapé na diversidade de corpos, identidades, orientacións, desexos, expresións, afectos e eróticas.

Este concurso forma parte dun amplo programa impulsado pola concellaría de Mocidade co que se pretende inculcar aos mozos e mozas de Ames unha sexualidade positiva e saudable [con]sentido.

Premios
De entre todas as fotografías presentadas, serán escollidas dúas, que recibirán:
● Primeiro premio: Cesta de produtos eróticos e xoguetería erótica por valor de 180€, e un diploma.
● Segundo premio: Cesta de produtos eróticos e xoguetería erótica por valor de 70€, e un diploma. O contido das cestas seleccionarase en función das características e suxestións das persoas gañadoras.

Entrega de premios
O mércores 15 de setembro, a partir das 13.00 horas, faranse públicos os nomes das persoas gañadoras a través da páxina web do Concello de Ames e as redes sociais de @omixames. Asemade, as persoas gañadoras recibirán un correo electrónico no que se lles comunique a súa condición de gañadoras do concurso e o premio ao que acceden.

A cerimonia de comunicación e entrega de premios terá lugar o sábado 18 de setembro en horario de mañá nunhas xornadas organizadas pola Concellería de Mocidade do Concello de Ames. No caso de que as persoas gañadoras non poidan asistir deberán comunicalo á organización do concurso e acordar unha data alternativa para recoller o premio.

Se transcorrido un prazo de tempo axeitado tras esta primeira comunicación coas persoas gañadoras, non se recibe resposta pola súa parte, o premio correspondente será asignado á seguinte persoa finalista, constando no expediente os intentos realizados.

Programa [con]sentido
As actividades continuarán o 18 de setembro cunha Xornada de Educación Sexual. Será na Casa da Cultura do Milladoiro entre as 10 e as 14 horas.

O programa [con]sentido prosegue no mes de outubro  e novembro. Pódese consultar o programa completo premendo na seguinte ligazón.

Todas as actividades teñen prazas limitadas. Os interesados poderán inscribirse ou obter máis información dez días antes de cada actividade no correo electrónico  con.sentido@agasex.org.

programa [con]sentido

Multimedia

  • Branca Ansia. Igual de natural
  • Alba Álvarez Costas. Corpo e Praia
  • Alba María Álvarez Ferreiro
  • Eric Gómez. Vivencias
  • Nuria Pazos. Sexualidades in{visibles}
  • Roi Quiñoy. StraightButtCurved
  • Tania Otero