Pestanas principais

Xa están a venda na Billeteira as entradas para os espectáculos infantís de Nadal

Venres, 16 de decembro de 2016

[16-12-2016] O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, informa de que xa están a venda as entradas dos espectáculos infantís de teatro, música e danza da programación de Nadal. Ditas entradas pódense mercar na Billeteira electrónica municipal. Para iso tan só hai que acceder á páxina principal desta web e premer nun dos dous banner que hai da Billeteira, que están na cabeceira da web ou debaixo da sección de Avisos.