Venres, 09 de maio de 2014
[09-05-2014] O Concello de Ames informa de que saíron publicadas as listas provisionais dos nenos e nenas admitidos/as nas escolas infantís municipais para o curso 2014-2015. Poderán consultarse nas propias escolas infantís e na Casa do Concello. Hai 10 días hábiles para efectuar posibles reclamacións, a contar dende o 8 de maio de 2014, día de publicación das devanditas listas. Posteriormente, sairán publicadas as listas definitivas de admitidos/as e entre o 1 e o 15 de xuño abrirase o prazo de matrícula para os/as nenos/as admitidos/as.




