[04-12-2012] O Concello de Ames informa de que están expostas as listas provisionais de admitidos e excluídos no Nadal lúdico. Para consultar as listas deberán achegarse ata o departamento de Educación, situado en Bertamiráns, ou ata as oficinas municipais do Milladoiro. As persoas que desexen presentar algunha reclamación teñen un prazo de 10 días hábiles a partir do 4 de decembro. O Nadal lúdico desenvolverase durante os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e o 2, 3, 4 e 7 de xaneiro. Nestas xornadas levaranse a cabo diferentes actividades lúdicas destinadas ao entretemento e á aprendizaxe dos máis pequenos. O horario deste programa será dende as 7.30 h ás 16.00 h. Estas actividades desenvolveranse tanto en Bertamiráns coma no Milladoiro.




