Pestanas principais

Xa están expostas as listas definitivas de admitidos nos campamentos municipais de verán 2013

Xoves, 16 de maio de 2013

[16-05-2013] O Concello de Ames informa de que están expostas as listas definitivas de admitidos nos campamentos municipais de verán. Para consultar as listas deberán achegarse ata a Casa do Concello ou ata as oficinas municipais do Milladoiro. Segundo informan dende as concellerías de Medio Ambiente e Xuventude todos os campamentos se van a desenvolver segundo o previsto. Hai que destacar que os campamentos dirixidos ao alumando de 1º e 2º de Educación Primaria realizaranse nunha soa quenda. Xuntarase nun só grupo aos alumnos/as de 1º e 2º de Educación Primaria, que irán ao Albergue LUG-2 (Lugo) os días 15, 16 e 17 de xullo. Para saber onde hai que recoller a documentación de matrícula e onde hai que entregala, prégase que consulten as bases dos campamentos de verán. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás descargar as bases dos campamentos municipais de verán 2013.

A partir do luns, 20 de maio, todas aquelas persoas que o solicitarán durante o período de preinscrición recibirán no seu correo electrónico os impresos de matrícula. O resto de veciños/as poderán recoller ditos impresos no lugares habilitados para iso (figuran nas bases). Os nenos e nenas que están admitidos terán que formalizar a matrícula entre o día 24 de maio e o 5 de xuño.