Pestanas principais

Xa están esgotadas as prazas para o obradoiro “A bailar con Pesdelán”

Xoves, 04 de outubro de 2018

[04-10-2018] O vindeiro venres, 5 de outubro, o Pazo da Peregrina acollerá ás 18.00 horas o obradoiro “A bailar con Pesdelán mini”, no que as familias con nenos e nenas, guiadas por Montse Rivera, poderán gozar, rir, bailar e coñecer novas/os compañeiras/os de baile. As prazas para participar neste taller están completas, polo que a inscrición xa se encontra pechada.

Esta iniciativa trátase dunha actividade dinámica, participativa e didáctica dirixida ao público infantil acompañado de adultos. Nela, mediante a música, o baile e a aprendizaxe de xogos sinxelos, búscase recuperar e poñer en valor o espírito participativo das festas e integrar a todas as persoas sen importar a súa idade, condición física ou experiencia, converténdoas nun público activo.