Pestanas principais

Xa están cubertas as prazas para participar no espectáculo para bebés “Arre Ru” de Rilo & Penadique

Luns, 25 de febreiro de 2019

[25-02-2019] Arre Ru nace como unha narración oral que busca conducir aos máis pequeniños/as da casa a través do amplo universo que forman as palabras, cheas de musicalidade e cargadas de sentimento e significado. Acompañadas por un acordeón diatónico, Rilo & Penadique apoiaranse en factores como a modulación da voz, a xesticulación ou a mirada para que as cativas e cativos entren de cheo nas súas historias. Sempre dende a visión de que a linguaxe en singular non existe, posto que o primeiro mergullo realízase coa familia, en comunidade. Así, Arre Ru é unha palabra que vive na boca. Non quere dicir nada, pero o A abre o asombro, o RRE a repetición, e o RU a delicadeza.