Pestanas principais

Xa está todo preparado para a inauguración da IX Feira do Comercio Val da Maía, que terá lugar este venres no pavillón do Milladoiro

Xoves, 14 de marzo de 2013

[14-03-2013] Este venres, o alcalde de Ames, Santiago Amor; o concelleiro de Promoción Económica, Bernardo Moar; a presidenta de AEMI, Dolores Mella, e os presidentes das outras tres asociacións de comerciantes de Ames serán os encargados de inaugurar a novena edición da Feira do Comercio Val da Maía, que este ano por primeira vez desenvolverase na localidade do Milladoiro durante os días 15, 16 e 17 de marzo. Nesta edición, un total de 44 establecementos comerciais ofrecerán os seus produtos con grandes descontos. A feira conta con máis de 1.000 metros cadrados de stands comerciais e outros expositores. No evento haberá servizo de gardaría, unha carpa polbaría para comer e outra con inchables, así como varios postos de churros, rosquillas, xeados, etc. Ademais, haberá zonas de aparcamento gratuíto nos arredores do pavillón. A entrada, como en anos anteriores, será de balde.

Esta fin de semana, o pavillón do Milladoiro converterase no gran centro de compras de todo o Concello de Ames e dos municipios limítrofes. Durante os días 15, 16 e 17 de marzo a localidade do Milladoiro acollerá a novena edición da Feira do Comercio. Serán tres días nos que un total de 44 establecementos porán a venda os seus produtos con grandes descontos. A inauguración da feira terá lugar este venres, 15 de marzo, ás 16:30 horas e permanecerá aberta ata as 21:00 horas. O sábado e o domingo o horario de apertura será de 10:00 h a 21:00 horas.

A realización deste evento corre a cargo da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro e, por primeira vez, conta coa colaboración de todas as asociacións de profesionais e comerciantes de Ames (Asociación de Comerciantes de Bertamiráns; Asociación de Empresarios Novo Milladoiro; e Asociación de Pequenos Comerciantes Viorneira, Palmira Bulebar). O Concello de Ames patrocina e colabora na organización da Feira do Comercio prestando apoio, loxístico, técnico e de persoal.

As empresas que van achegar os produtos a prezos rebaixados serán Angueira TIEN 21, Mayzu Hogar, Careva, Macía Clínica Dental, Óptica Farmavision, Landra, Manos Artesanas, Sport Planet, Zapatería Ana, Stampa regalos, Morand Moda Hombre, Alas de Ángel, Clinica Implanteoral Milla, Ames Sat, La Gloria Bendita, Cousalinda, Atempo Alfonso Joyeros, Fiochetto, Ainos, TNT Tattoo, Óptica Vinte, Patagonia, Polopitas, Fruti Free, Tris Tras, A Tenda de Fraber, Haldeta Moda, Duende Azul, Lolita Moda, Promociones Sant Yago, Queens Moda, Sette Camicie, Sprint 012, Carmela Rendo, Patucos, Avon, Pipiolos, Cloudette, Calza2, Mestura, Mandarina, Decoraciones Gladys, Rainbow e New Shoes.

Ofértase unha ampla variedade de produtos
Estes comercios ofrecerán unha amplía variedade de produtos como roupa e calzado (infantil, muller e home), comsmética, lencería, artigos deportivos, pastelería artesanal, xoiería, electrónica, electrodomésticos, tatuaxes, gafas, enxoval do fogar, complementos, agasallos, etc. As instalacións disporán dunha gran amplitude e comodidade xa que serán 500 metros cadrados dedicados á colocación das casas de comercio.

Oferta lúdica e gastronómica

Ademais de poder comprar diversos produtos aos mellores prezos, as persoas que asistan á IX Feira do Comercio Val da Maía poderán gozar dunha ampla oferta lúdica e gastronómica. Deste xeito, instalarase no recinto un servizo de gardería, atendido por persoal cualificado, e no exterior instalarase unha carpa con inchables como atracción lúdica para os máis pequenos baixo a supervisión de monitores. No eido gastronómico, incluiranse varios postos de churros, rosquillas, xeados e haberá tamén un posto de venda de polbo. Tamén haberá zonas de aparcamento gratuíto nos arredores do pavillón.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Arranca en Milladoiro la primera Feira do Comercio que aglutina a todo el sector"