[27-01-2016] A Deputación da Coruña vén de dar a coñecer os admitidos e admitidas para participar na Campaña de Esquí 2016. Os 14 participantes gozarán de cinco días de esquí na estación de Leitariegos, situada na provincia de León. No apartado de descargas, á túa dereita, poderás acceder á lista cos nomes dos seleccionados.
O Concello lémbralles aos alumnos e alumnas que deberán confirmar a súa praza aboando a cota de participación na actividade, de 95 euros, que inclúe o transporte, o aloxamento, a manutención e o material para o curso de esquí.
Na listaxe inclúense tamén os 6 rapaces e rapazas seleccionados para a lista de espera, que pasarán a ocupar, por orde de lista, as prazas que poidan quedar vacantes. A quenda que lle corresponde aos participantes, que deben ter idades comprendidas entre os anos 2001,2002, 2003, 2004 e 2005 é a quinta do programa, tendo o curso lugar entre os días 6 e 11 de marzo.




