Pestanas principais

Xa está dispoñible o segundo boletín de información práctica para a mocidade amiense

Xoves, 05 de xullo de 2012

[05-07-2012] A través desta iniciativa, a Concellería de Xuventude busca manter informados aos mozos de todas as posibilidades que teñen ao seu alcance. A publicación inclúe información útil sobre recursos dispoñibles, programas e actividades e sobre as últimas novidades que sexan de interese para os máis novos. O boletín estará dispoñible na web do Concello, a través das redes sociais e noutros puntos do municipio, como poden ser a OMIX, no Punto de Información Xuvenil do Milladoiro ou no que está emprazado no IES de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o boletín bimensual INFOXOVE con información práctica para a mocidade amiense.