Pestanas principais

Xa está aberto o prazo para inscribirse na xornada de paintball

Martes, 01 de febreiro de 2011

[01-02-2011] A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ames segue a organizar diversas xornadas deportivas para a mocidade, dentro da programación de deporte-aventura deste primeiro trimestre do ano 2011. Nesta ocasión os mozos e mozas poderán participar novamente nunha xornada de paintball o próximo sábado 19 de febreiro. O prazo de inscrición está aberto ata o día 15 deste mes e poden participar todos os veciños/as maiores de 14 anos que estean interesados nesta xornada. O custe desta actividade é de 12 euros.