Pestanas principais

Xa está aberto o prazo para inscribirse na iniciativa Ilusións nos Escaparates e no tradicional Concurso de Escaparates de Nadal

Luns, 26 de novembro de 2012

[26-11-2012] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Comercio, Promoción Económica, Traballo, Turismo e Educación, deseñou para este Nadal 2012 unha completa campaña de promoción e dinamización do comercio co obxectivo de atraer público e incentivar as compras no tecido empresarial do municipio. Dende o departamento de Comercio e Promoción Económica puxérose en contacto cos comerciantes amienses para trasladarlles todos os detalles da campaña e os prazos de inscrición nas diferentes actividades. De feito, xa está aberto, ata o vindeiro 13 de decembro, o prazo de inscrición no tradicional Concurso de Escaparates e na novidosa iniciativa Ilusións nos Escaparates. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás descargar as bases do concurso de escaparates e os impresos para inscribirte no concurso de escaparates e no programa Ilusións nos escaparates.