Pestanas principais

Xa está aberto o prazo para apuntarse no campionato de tute que organiza o Concello na Casa da Cultura de Bertamiráns

Mércores, 05 de febreiro de 2014

[05-02-2014] Por segundo ano consecutivo o Concello de Ames, a través da concellaría de Atención e Mediación Parroquial, Asociacionismo, Voluntariado e Maiores, organizou un campionato de tute que se desenvolverá na cafetería da Casa da Cultura de Bertamiráns. O prazo de inscrición estará aberto ata o 28 de febreiro. Para obter máis información ou apuntarse neste campionato hai que chamar ao número de teléfono da oficina de voluntariado 662 377 044. Esta iniciativa comezará o día 6 de marzo e desenvolverase dous días á semana (martes e xoves), a partir das 20:00 horas. Haberá trofeos para os gañadores.

O tute é un dos xogos de cartas con máis tradición en Galicia. Son moitos os que sentan arredor dunha mesa para pasar un anaco de tempo entretido xogando a este xogo de cartas. Por iso, dende o Concello de Ames, a través da concellaría de Atención e Mediación Parroquial, Asociacionismo, Voluntariado e Maiores, organizaron un campionato de tute que se desenvolverá a partir do xoves, 6 de marzo, na cafetería da Casa da Cultura de Bertamiráns.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 28 de febreiro. Para obter máis información ou apuntarse neste campionato hai que chamar ao número de teléfono da oficina de voluntariado 662 377 044. Esta iniciativa desenvolverase dous días á semana (martes e xoves), a partir das 20:00 horas. Xogaranse tres partidas a seis chicos cada unha. Ao final da liga, os gañadores do campionato recibirán un trofeo.

A concelleira de Atención e Mediación Parroquial, Asociacionismo, Voluntariado e Maiores, María Carmen Verde, animou a todos os veciños e veciñas a que volvan a participar un ano máis neste campionato de tute xa que “a edición celebrada o ano pasado tivo un gran éxito de participación”. Maria Carmen Verde explicou que se trata “dunha iniciativa a través da cal se pretende que a veciñanza amiense pase un anaco agradable xogando as cartas ao tempo que se relaciona e se socializa con outra xente do municipio”.