[29-09-2011] Todos os luns e martes os palillos encherán as Casas de Cultura do Milladoiro e de Bertamiráns. A Asociación Taller de Encaixes Galicia, en colaboración co Concello de Ames, volve pór en marcha un curso de encaixe de palillos onde todos e todas as asistentes poderán coñecer as diferentes técnicas desta arte da decoración. Esta actividade realizarase todos os luns na Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de 16:30 h. a 18:30 h., e todos os martes, das 16:30 h. ás 18:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Este curso desenvolverase desde o mes de outubro ata maio. O prazo de inscrición xa está aberto e finalizará 30 de setembro. O custo da actividade é de 15 euros o mes. As inscricións pódense realizar chamando aos números de teléfono 666 874 744 (Margarita Vila) ou 627 791 061 (Ana García). Tamén se pode enviar un correo electrónico a tallerdeencajes@gmail.com.
O día 30 de setembro remata o prazo de inscrición para participar no obradoiro de encaixe de palillos que oferta a Asociación Taller de Encaixes Galicia en colaboración co Concello de Ames. Este taller ofrece aos asistentes un curso moi personalizado polo que o número de prazas é limitado. Só 15 prazas se poñen a disposición dos veciños e veciñas amienses para que poidan coñecer ou perfeccionar as súas habilidades no mundo do encaixe. Por iso, aquelas persoas que desexen acudir a este curso deberán anotarse o antes posible.
Dende outubro e ata maio, os e as participantes poderán adquirir coñecementos e técnicas relacionados con esta arte de decoración. As clases desenvolveranse en dous grupos en función ao nivel técnico dos participantes: un grupo de principiantes e outro máis avanzado. Dependendo do seu nivel e dos seus obxectivos, as mestras Margarita Vila e Ana García, atenderán individualmente os seus alumnos e alumnas. A Casa da Cultura do Milladoiro acollerá este obradoiro os luns, en horario de 16.30 h a 18.30 h., mentres que a Casa da Cultura de Bertamiráns contará con este taller os martes, das 16.30 h ás 18.30 horas.
A importancia do contraste e das cores supón a liña fundamental deste obradoiro tradicional. "Encaixa as túas cores" é o lema escollido pola asociación para resumir as tarefas específicas dos e das participantes no taller que, deste xeito, supón unha ruptura coa tradicional peza branca e unha innovadora confección en cores. Encaixe de esqueleto, encaixe de puntas con cordóns, encaixe de guipur e o encaixe con torchóns converterán as e os asistentes en verdadeiros artistas do encaixe de palillos.
Aquelas persoas que queiran asistir a este obradoiro deberán inscribirse antes do día 1 de outubro. Os e as interesados/as poderán facelo chamando ao teléfono da mestra Margarita Vila, o 666 874 744, ou ao da profesora Ana García, o 627 792 061. A inscrición tamén poderá facerse vía electrónica enviando a solicitude no correo tallerdeencajes@gmail.com




