Pestanas principais

Xa está aberto o prazo de inscrición para a actividade “Unha area de sal” incluída no programa Apego

Xoves, 30 de outubro de 2025

O programa Apego inicia o mes de novembro cunha chea de propostas para as crianzas. Desta volta, o vindeiro venres 7 de novembro, ás 18.00 horas, na casa da Cultura do Milladoiro, terá lugar a actividade “Unha area de sal” de María e Carme da Pontragha, quen volven a Ames cunha proposta de contos, música tradicional e baile. A actividade é de balde e está dirixida para público familiar. O prazo de inscrición está aberto desde hoxe, 30 de outubro, ata o xoves 6 de novembro. Para participar é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto.

Durante o mes de novembro o proxecto Apego continúa a organizar diferentes actividades para as crianzas. Nesta ocasión, as Da Pontragha volven a Ames o venres 7 de novembro, ás 18.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro.  

Nesta actividade, María e Carme da Pontragha achegaranlles ás crianzas a herdanza que deixaron avoas, tataravoas, nais e moitas mulleres na nosa tradición popular e oral a través dunha ampla variedade de contos, música tradicional e baile. 

Esta actividade é de balde e está dirixida a un público familiar. O prazo de inscrición está aberto dende hoxe, 30 de outubro, ata o vindeiro xoves, 6 de novembro. Para participar é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto. Non se admitirán inscricións fóra de prazo e as prazas asignaranse por orde de recepción de solicitude.

O programa Apego, un vehículo de transmisión da lingua
O programa Apego é un proxecto de dinamización lingüística dirixido ás familias que estean a esperar un bebé ou que teñan crianzas entre 0 e 6 anos. O seu obxectivo é promover, apoiar e normalizar o uso do galego na socialización da primeira infancia, achegando recursos e unha ampla proposta de actividades lúdicas e educativas.

As persoas interesadas en sumarse á iniciativa poden facelo poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames, escribindo un correo a normalizacion@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 662 377 215. Así mesmo, tamén poden facelo cubrindo o formulario “Súmate ao apego”, que está dispoñible na páxina web do programa, apego.gal.

Novas relacionadas: 

Bisbarra: "Aberto o prazo de inscrición para a actividade ‘Unha area de sal’ incluída no programa Apego"

Xa está aberto o prazo de inscrición para a actividade “Unha area de sal” incluída no programa Apego

Multimedia

  • Xa está aberto o prazo de inscrición para a actividade “Unha area de sal” incluída no programa Apego