[06-12-2014] O Concello de Ames participa na campaña de Esquí 2015, que organiza a Deputación da Coruña entre o 30 de xaneiro e o 8 de marzo. Os participantes gozarán dunha fin de semana con aloxamento e manutención, ademais dos cursos de esquí, na Estación invernal de Manzaneda, situada na Pobra de Trives (Ourense). Esta actividade está dirixida aos rapaces e rapazas nacidos entre os anos 2001 e 2005 e que estean empadroados no concello de Ames. Os nenos e nenas amesáns participarán neste programa provincial durante a fin de semana que vai do 6 ao 8 de febreiro. Para o Concello de Ames ofértanse 16 prazas. As inscricións hai que presentalas no Rexistro Xeral, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ata o próximo 19 de decembro. Esta actividade ten un custo de 60 euros. Premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de solicitude e un folleto informativo desta campaña.
A Deputación da Coruña puxo en marcha unha nova campaña de Esqui, que se desenvolverá na Estación invernal de Manzaneda, situada na Pobra de Trives (Ourense). Esta campaña, que se levará a cabo en seis quendas, desenvolverase entre o 30 de xaneiro e o 8 de marzo. O obxectivo deste programa é fomentar que os nenos e as nenas da provincia poidan familiarizarse cos deportes da neve.
A través desta campaña o Concello de Ames oferta un total de 16 prazas, polo que todos os interesados deben darse présa para apuntarse. No caso de que haxa máis inscricións que prazas realizarase un sorteo público o luns 22 de decembro, ás 12:00 horas, na Casa do Concello. Este campamento está dirixido aos nenos e nenas nacidos entre os anos 2001 e 2005 e que estean empadroadas no concello de Ames. Os nenos e nenas amesáns participarán neste programa provincial durante a fin de semana que vai do 6 ao 8 de febreiro.
A cota de inscrición é de 60 euros e inclúe o transporte, a estadía e manutención nun hotel da estación invernal de Manzaneda, monitores, clases de esquí, o correspondente seguro, alugamento de material incluído o casco, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados. Os participantes chegarán a estación invernal de Manzaneda o venres 6 de febreiro, antes da cea, e a saída será o domingo 8 despois de xantar.
Tramitación das inscricións
Os pais e nais interesados deben formalizar a inscrición nos rexistros municipais do Concello, de luns a venres, en horario de 09:00 h a 14:00 horas, entregando a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/as do solicitante, unha foto carné, unha fotocopia da tarxeta sanitaria, unha fotocopia do libro de familia ou carné de identidade e unha copia de pagamento da cota de inscrición (este último papel haberá que entregalo despois de que o Concello lle confirme ao solicitante que dispón da praza solicitada). O rexistro xeral da Casa do Concello tamén está aberto os sábado en horario de 09:00 a 14:00 horas. As inscricións poden realizarase ata o próximo 19 de decembro.
No caso de que algún neno ou nena precise un tratamento específico ou sufran unha doenza que haxa que ter en conta, haberá que achegar un xustificante médico asinado polo facultativo pertinente. Tamén é importante especificar as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo que sufra calquera neno/a. Para máis información pódese acudir á páxina web http://www.dicoruna.es/deportes/actividades, da Deputación da Coruña, chamar ao número de teléfono 981 080 327 ou enviar un correo electrónico ao enderezo gabinete.deportes@dicoruna.es




