Pestanas principais

Xa está aberto o prazo de inscrición na campaña de Esquí 2014 que organiza a Deputación da Coruña na Estación invernal de San Isidro

Luns, 27 de xaneiro de 2014

[27-01-2014] O Concello de Ames participa na campaña de Esquí 2014, que organiza a Deputación da Coruña entre o 14 de febreiro e o 23 de marzo. Os participantes gozarán dunha fin de semana con aloxamento e manutención, ademais dos cursos de esquí, na Estación invernal de San Isidro (León). Esta actividade está dirixida aos rapaces e rapazas nacidos nos anos 2003, 2002, 2001 e 2000 empadroados no concello de Ames. Os nenos e nenas amienses de entre 10 e 13 anos participarán na cuarta quenda deste programa provincial, que se desenvolverá entre o 14 e o 16 de marzo. Para o Concello de Ames ofértanse 13 prazas. As inscricións hai que presentalas no Rexistro Xeral, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ata o próximo 31 de xaneiro. Esta actividade ten un custo de 36 euros. Premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de solicitude e un folleto informativo desta campaña.