Pestanas principais

Xa é posible adquirir a entrada para a Festa de fin de ano do Concello de Ames

Martes, 09 de decembro de 2025

O Concello de Ames abriu hoxe, martes 9 de decembro, ás 10:00 horas, o prazo para adquirir as entradas da Festa de Fin de Ano. Ata as 14:00 horas vendéronse xa 320 billetes, que están dispoñibles exclusivamente en formato dixital a través da ligazón oficial. Poderán adquirirse ata o 28 de decembro cun prezo anticipado de 25 euros máis 0,65 € de gastos de xestión.

A entrada inclúe o acceso á festa, que terá lugar de 1:00 a 8:00 da mañá no pavillón de Bertamiráns, ademais de dúas consumicións, servizo de roupeiro e acceso ao servizo especial de autobús habilitado polo Concello para facilitar os desprazamentos da veciñanza.

Servizo de autobús para a Festa de Fin de Ano
A organización contará cunha liña fixa de autobús, que sairá ás 1:00 h e realizará as seguintes paradas:
    • O Milladoiro – Parada do novo centro de saúde
    • Bugallido – A carón da farmacia
    • Ortoño / Agro do Muíño – Parada das Cortes
    • Bertamiráns – Rúa Alcalde Lorenzo, nas inmediacións da Casa do Concello
    • Urbanización As Mimosas
A volta iniciarase ás 4:00 h, con servizos cada hora desde o pavillón de Bertamiráns, ás 4:00, 5:00, 6:00, 7:00 e 8:00 horas.
Co obxectivo de adaptarse ás necesidades da veciñanza, o Concello valora habilitar unha segunda liña baixo demanda, con novas paradas. As persoas interesadas poden enviar a súa proposta ao enderezo electrónico: gabinete@ames.gal.

Chocolate con churros en Bertamiráns
A Xuntanza de Empresarios de Ames poñerá en marcha unha campaña específica para animar as persoas asistentes á festa, e á veciñanza en xeral, a desfrutar do tradicional chocolate con churros nos bares e cafeterías de Bertamiráns na mañá do 1 de xaneiro.

Programa especial de Fin de Ano en Ames
Baixo o lema “Este 31 de decembro queda no teu concello… Fin de Ano en Ames!”, o Concello prepara unha programación destinada a celebrar o peche do 2025 sen saír do municipio. Ademais da Festa de Fin de Ano (dirixida a maiores de 18 anos), organizaranse as Prebadaladas e o novo Tardeo, actividades pensadas para todos os públicos.
O Tardeo, que se incorpora este ano, celebrarase na Praza do Concello entre as 17:00 e as 21:00 horas. Contará coa música de DJ Wana do Milladoiro e cun servizo de barra ofrecido polos establecementos hostaleiros locais StreetGarden, Asador Vacavella e O Transistor. A proposta busca crear ambiente festivo desde a tarde e favorecer os encontros veciñais nun espazo seguro e accesible.

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "Ames vende en el primer día más de 300 entradas para la fiesta de fin de año"

Xornal de Compostela: "O Concello de Ames inicia a venda das entradas da Festa de Fin de Ano con 320 billetes xa adquiridos nas primeiras horas"

Ames Go: "Aínda non tes a entrada para a festa de Fin de Ano?"

 Xa é posible adquirir a entrada para a Festa de fin de ano do Concello de Ames

Multimedia

  •  Xa é posible adquirir a entrada para a Festa de fin de ano do Concello de Ames