[21-10-2017] Ata o mes de xuño, veciñas e veciños de Ames, maiores de 60 anos, poderán gozar das actividades encadradas dentro do programa de envellecemento activo Amessan. O programa, que inclúe diversas actividades como ximnasia terapéutica, manualidades e obradoiros de música tradicional e memoria, desenvólvese nas Casas da Cultura de Bertamiráns e Milladoiro, así como nos locais sociais de Agrón, Ameixenda, Augapesada, Bugallido, Covas, Cruxeiras, Piñeiro, Tarroeira e Trasmonte. Este ano, como novidade, impártese a actividade de música tradicional na parroquia de Lens. Para participar, só é preciso acudir á actividade e formalizar, in situ, a inscrición. Para obter máis información sobre estas actividades, as persoas interesadas poden chamar ao número de teléfono 662 377 044 (de 10:00 a 14:00h) ou ao 607 813 452 (de 16:00h a 19:00h).


.jpeg)
As actividades do programa Amessan xa comezaron. Porén, aínda existen prazas dispoñibles nalgunhas das actividades, polo que animamos a todas aquelas persoas interesadas a que se achegan aos locais sociais das parroquias, xa que aínda é posible inscribirse. Ademais, para participar non é preciso anotarse previamente. As persoas interesadas só deberán acudir, levando o seu documento de identidade, á actividade da que queiran participar. Alí, cubrirán unha ficha para formalizar a súa asistencia. O programa está destinado tanto a persoas maiores de 60 anos, empadroadas no Concello, como a persoas con algunha discapacidade. Estas últimas deberán presentar, a maiores, un informe médico que recomende a súa asistencia a algunha destas aulas.
Os obradoiros son impartidos nos locais sociais de Agrón, Ameixenda, Augapesada, Bugallido, Covas, Cruxeiras, Piñeiro, Tarroeira e Trasmonte, así como nas Casas da Cultura de Bertamiráns e Milladoiro. Este ano, como novidade, impártese a actividade de música tradicional na parroquia de Lens. Para obter máis información sobre estas actividades, as persoas interesadas poden chamar ao número de teléfono 662 377 044 (de 10:00 a 14:00h) ou ao 607 813 452 (de 16:00h a 19:00h).
A Concelleira de Participación, Atención Veciñal e Promoción Económica, Isabel González, agradece o interese por parte das persoas participantes nestes obradoiros: “Quero agradecer a participación das persoas de sempre, das que levan asistindo desde o ano 2004 ininterrompidamente, tamén a daquelas que foron chegando ano tras ano e a desas outras que participan do programa por vez primeira este ano. O programa foi medrando e así queremos que siga sendo, por iso animamos á veciñanza a que se achegue a estes obradoiros, sobre todo nas parroquias, onde aínda queda algunha praza libre”.
Lugar e hora das actividades e obradoiros
Os obradoiros de manualidades impartiranse nos locais sociais de Agrón, os xoves de 17:00 a 19:00 horas, Cruxeiras, os martes de 17:30 a 19:30 horas, e Trasmonte, os mércores de 18:00 a 20:00 horas. Os de música tradicional ofrécense nos locais sociais de Ameixenda, os martes de 17:00 a 19:00 horas, Bugallido, os mércores de 17:00 a 19:00 horas, e no de Trasmonte, os luns de 19:00 a 21:00 horas. Ademais, este ano crease un novo grupo de música tradicional na parroquia de Lens. As clases impartiranse os martes e xoves de 19:30 a 20:30 horas.
As actividades de memoria levaranse a cabo na Ameixenda, os xoves de 16:15 a 18:15 horas, Bugallido, os xoves de 16:30 a 18:30 horas, en Bertamiráns os luns e mércores de 17:00 a 18:00 horas, Covas, os xoves de 19:00 a 21:00 horas, Cruxeiras, os mércores de 16:30 a 18:30 horas, no Milladoiro, os luns e mércores de 19:00 a 20:00 horas, e na Tarroeira, os mércores de 18:00 a 20:00 horas.
Ademais, organízanse un ano máis as aulas de ximnasia terapéutica. Ofértanse no local social de Augapesada, os mércores e venres de 18:30 a 19:30 horas, no de Bugallido, os luns e venres de 20:00 a 21:00 horas ou de 21:00 a 22:00 horas, en Cruxeiras, os martes e xoves de 20:00 a 21:00 horas, no local social de Piñeiro, os luns e mércores de 19:00 a 20:00 horas, na Tarroeira, os luns e mércores de 17:00 a 18:00 horas, e en Trasmonte, os mércores e venres de 17:00 a 18:00 horas.
Nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro ofrécense tres grupos distintos de ximnasia terapéutica. En Bertamiráns o grupo 1 ten clases os martes e xoves de 19:00 a 20:00 horas, o grupo 2 de 12:00 a 13:00 horas (tamén os martes e xoves) e o grupo 3 os luns e os mércores de 19:00 a 20:00 horas. Na do Milladoiro, as clases impártense os martes e xoves. O grupo 1 en horario de 17:00 a 18:00 horas, o 2 de 18:00 a 19:00 horas, e o 3 de de 19:00 a 20:00 horas.

Contido relacionado
.jpeg)
El Correo Gallego: "Actividades de Amessan para envellecer con saúde na Maía"




