[12-11-2015] Dende o 12 ata o 22 de novembro podes votar pola mellor peza dramática presentada ao Concurso de Teatro Lido de Ames, Desata a Lingua! Estas pezas pódense escoitar premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de sons. A emisión desta pezas na radio municipal, Ames Radio (FM 107.2), comezará o día 16 e continuará ata o día 22, en horario de 13:30 h a 14:30 horas e de 22:00 h a 23:00 horas.
A audiencia pode escoller entre estas pezas a que obterá o premio do público. A votación realizarase entre o 12 ao 22 de novembro (incluídos) a través do correo electrónico radioteatro@concellodeames.org ou do teléfono 981 890 452. Os/as votantes terán que identificarse e só se computará un voto por persoa. Deste xeito, preténdese implicar a toda a cidadanía nesta actividade.