Pestanas principais

Volve a ruta teatralizada “O segredo do Andoriña” para coñecer a historia, natureza a patrimonio da contorna do río Tambre

Mércores, 24 de setembro de 2025

O vindeiro sábado, 4 de outubro, terá lugar a ruta teatralizada “O segredo do Andoriña”. Trátase dunha ruta duns 5,2 quilómetros que xa se desenvolveu en anos anteriores e que ten como obxectivo poñer en valor e dar a coñecer o patrimonio material e inmaterial da contorna do río Tambre. O punto de inicio da camiñada será desde a praia fluvial de Tapia e dará comezo ás 10.30 horas. Haberá servizo de autobús, con saída ás 10.00 horas desde a Casa da Cultura do Milladoiro e ás 10.15 horas desde o Pazo da Peregrina de Bertamiráns. A actividade é de balde pero, para participar, é preciso realizar unha inscrición previa. Hai 50 prazas dispoñibles. 

O Concello de Ames, en colaboración coa asociación GDR-Xeodestino Terras de Santiago, organizan a ruta teatralizada “O segredo do Andoriña”, unha iniciativa que xa se desenvolveu en anos anteriores e que serve para poñer en valor e dar a coñecer a natureza, patrimonio e historia da contorna do río Tambre. 

Nesta camiñada, duns 5,2 quilómetros aproximadamente, e que transcorre polas parroquias de Piñeiro e de Tapia, poderase descubrir particularidades da natureza, a historia e o patrimonio que agochan as ribeiras do río Tambre. A través da representación teatral que acompañará a ruta de sendeirismo, achegarase dun xeito lúdico a historia de elementos materiais e inmateriais desta zona, coma muíños ou as fragas. A teatralización, o vestiario, o atrezzo e o guión desta camiñada correrán a cargo de Os Quinquilláns, unha compañía con ampla experiencia en recreación histórica e patrimonial.

A ruta terá lugar o vindeiro sábado, 4 de outubro, a partir das 10.30 horas. O punto de saída será desde a praia fluvial de Tapia. Contarase con servizo de autobús, que sairá ás 10.00 horas desde a Casa da Cultura do Milladoiro e ás 10.15 horas do Pazo da Peregrina de Bertamiráns. O horario de regreso será arredor das 14.00 horas. 

A actividade é de balde mais, para participar, é preciso inscribirse previamente a través da seguinte ligazón. Hai 50 prazas dispoñibles, que se cubrirán por orde de chegada da solicitude de inscrición. A ruta non é apta para persoas con mobilidade reducida. 

Volve a ruta teatralizada “O segredo do Andoriña” para coñecer a historia, natureza a patrimonio da contorna do río Tambre

Multimedia

  • Imaxe de arquivo da ruta teatralizada “O segredo do Andoriña”
  • Imaxe de arquivo da ruta teatralizada “O segredo do Andoriña”