- Tematica
O Concello organiza, por cuarto ano consecutivo, un cocido para as persoas maiores do concello. Trátase dun xantar que se celebrará o martes 17 de febreiro, martes de Entroido, a partir das 14.00 horas, no pavillón do Milladoiro. No xantar servirase cocido para as persoas maiores de 65 anos empadroadas en Ames. O xantar será gratis, pero haberá que reservar praza chamando, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, aos números de teléfono: 881 074 730 / 669 119 431 / 662 377 302. O prazo para inscribirse estará aberto dende o 26 de xaneiro ata o 6 de febreiro. Posteriormente, haberá que retirar o tícket do xantar do 9 ao 13 de febreiro, de 9.00 a 14.00 horas, na Casa do Concello (departamento de gabinete de Alcaldía) ou nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Haberá servizo de autobús polas parroquias para acudir ao xantar e volver para casa e contarase coa actuación musical de Eva e Camilo. Anímase á veciñanza a acudir ao xantar disfrazados.
Xa está preto o Entroido, e con el coma cada ano dende 2023, chega o cocido dos maiores de Ames. O Concello de Ames recuperou no ano 2022 a tradicional festa dos maiores, que se celebrou a comezos do mes de xullo. Posteriormente, en 2023 decidiuse que a festa dos maiores íase a realizar o martes de Entroido. Deste xeito, en 2024 e 2025 déuselle continuidade a dita festa coa segunda e terceira edición do cocido dos maiores.
En 2026 volve esta festa para os maiores por cuarto ano consecutivo. Este ano celebrarase o martes, 17 de febreiro, martes de Entroido, a partir das 14.00 horas, no pavillón do Milladoiro. No xantar servirase cocido para as persoas maiores de 65 anos empadroadas en Ames. Anímase á veciñanza a acudir ao xantar disfrazados. A temática da festa deste ano está relacionada coas profesións. Haberá premios para os mellores disfraces. A festa estará amenizada coa música de Eva e Camilo.
O alcalde de Ames, Blas García, destaca que “o cocido dos maiores xa se está convertendo nunha tradición no concello de Ames durante as festas de Entroido. Con esta festa o que se pretende é que os nosos maiores pasen un día de convivencia e festa todos xuntos. Animamos a todos e todas a que se inscriban e acudan disfrazados ao xantar”.
O prazo de inscrición comeza o luns 26 de xaneiro
O prazo para inscribirse no cocido estará aberto dende o 26 de xaneiro ata o 6 de febreiro. Para elo hai que reservar praza chamando, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, aos números de teléfono: 881 074 730 / 669 119 431 / 662 377 302.
Posteriormente, unha vez rematado o prazo de inscrición, abrirase un prazo para retirar os tíckets para poder acceder ao xantar. Os tíckets poderanse recoller do 9 ao 13 de febreiro, tamén en horario de 9.00 a 14.00 horas, na Casa do Concello (departamento de gabinete de Alcaldía) ou nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. No momento da recollida dos tíckets comprobarase se a persoa inscrita está empadroada.
Servizo de autobús polas parroquias
Haberá servizo de autobús polas parroquias para recoller ás persoas que así o desexen e achegalas ata o pavillón do Milladoiro. Ao final da festa as persoas que o desexen poderán volver empregar o servizo de autobús para regresar a súa casa.
Esta festa está dirixida ás persoas maiores de 65 anos, que estean empadroadas no Concello de Ames. Poderase acudir de xeito individual ou en parella. No caso de ir en parella será suficiente con que un dos dous membros da parella estea empadroado no Concello.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Reserva de tiques para el cocido del día 17 dirigido a los mayores amesanos"






