Pestanas principais

Volve o Club tixolas ao mercado de horta e artesanía de Ames, unha iniciativa que se realiza o último sábado de cada mes

Martes, 27 de xaneiro de 2026

No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 31 de xaneiro organízase unha nova sesión do Club tixolas, un club de cociña para nenos e nenas de 6 a 12 anos que pretende achegar aos máis pequenos ao mundo culinario e a realizar receitas con produtos frescos de proximidade. Terá lugar desde as 11.30 ata as 13.00 horas. A inscrición é de balde. Para inscribirse, hai que enviar un WhatsApp ao número de teléfono 667 665 705. Hai 30 prazas dispoñibles que se cubrirán por orde de inscrición. O mercado celébrase na praza da Maía, en Bertamiráns, en horario de 10.00 a 13.30 horas.

Este sábado, 31 de xaneiro, o mercado de horta e artesanía volve acoller unha nova sesión do Club tixolas, un club de cociña orientado para nenos de 6 a 12 anos que se desenvolve o derradeiro sábado de cada mes. Con esta iniciativa, búscase que os máis pequenos teñan un primeiro contacto co mundo culinario e que aprendan a realizar receitas con produtos frescos de proximidade e de temporada.

A actividade é de balde e realizarase de 11.30 a 13.00 horas no mercado de horta e artesanía, localizado na praza da Maía, en Bertamiráns. Para participar, hai que enviar un WhatsApp ao número de teléfono 667 665 705 indicando nome, apelidos e idade do menor xunto cun teléfono de contacto. Hai 30 prazas dispoñibles que se cubrirán por orde de inscrición. O prazo para inscribirse estará aberto ata o venres, día 30, ás 14.00 horas, ou ata que se cubran todas as prazas dispoñibles.

Nesta ocasión os nenos e nenas van a elaborar tostas salgadas e doces. Para elo van a empregar produtos frescos do propio mercado de horta. Cada neno e nena vai preparar dúas tostas salgadas e dúas tostas doces, que levarán para a casa para poder degustar coas súas familias.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explica que “a través do Club tixolas estanse a facer distintas actividades dende o pasado mes de setembro, que estarán dirixidas a nenos e nenas de Ames e da contorna. Trátase de crear un espazo lúdico para que os rapaces e rapazas poidan aprender e divertirse en torno á cociña e con outras actividades”.

Solicitude de participación
O prazo para poder montar un posto no novo mercado está aberto ao longo de todo o ano. A solicitude pode facerse enviando cuberto o impreso de solicitude, que se pode descargar na seguinte ligazón, a través da Sede electrónica do Concello de Ames, de forma presencial nas oficinais municipais de Bertamiráns e do Milladoiro ou a través de calquera outro dos medios ao que se refira o artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das AAPP.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "O Club tixolas volve ao mercado de horta e artesanía de Ames"

Volve o Club tixolas ao mercado de horta e artesanía de Ames, unha iniciativa que se realiza o último sábado de cada mes

Multimedia

  • Volve o Club tixolas ao mercado de horta e artesanía de Ames, unha iniciativa que se realiza o último sábado de cada mes