[02-06-2013] A Milla Urbana celebrou a súa décimo terceira edición. Un ano máis o Concello de Ames organizou esta carreira na que se inscribiron 322 persoas. Tanto atletas profesionais como afeccionados percorreron unha milla, algo máis de 1.600 metros. Nesta ocasión a cita tivo lugar este domingo, 2 de xuño, dende as 11:00 horas na Travesía do Porto, situada na localidade do Milladoiro. Os atletas estiveron divididos en oito categorías distribuídas segundo a idade. Na proba absoluta o campión foi Víctor Rioboo, subcampión de España de Milla en ruta e recente campión galego de Milla en ruta. Actualmente, é o mellor medio fondista galego. Na entrega de premios estiveron presentes o alcalde de Ames, Santiago Amor, e varios concelleiros/as do goberno municipal.
Categoría promesa-sénior
Na categoría promesa-sénior proclamouse campión Víctor Rioboo, subcampión de España de Milla en ruta e recente campión galego de Milla en ruta. Actualmente, é o mellor medio fondista galego. Na segunda posición quedou Juan Carlos Mosquera e terceiro foi Cayetano García. Neste categoría pero na modalidade feminina gañou Laura Gonta. Segunda foi Sofía Sueiro e terceira quedou Patricia Ferreiro.
Na categoría xuvenil-xunior gañou Fernando Vales. Segundo foi Anxo Carreira e terceiro quedou Juan José Tarrío. Na categoría feminina impúxose Rocío Vázquez. A segunda posición foi para Vanesa Landeira e terceira foi Cristina Sánchez.
Na carreira de veteranos houbo cinco categorías (A, B, C, D e E). Na categoría A impúxose Miguel Cabo. Segundo foi Óscar Ces e terceiro quedou Manuel Vieites. Na categoría B impúxose Samuel Veiga. A segunda posición foi para Francisco Campos e terceiro quedou Joaquín Sánchez. Na C gañou Xosé Luís Otero. Segundo foi Ramiro Pérez e na terceira posición quedou Avelino Bugallo.
Na categoría D gañou Puri Carineña. Segunda foi Natalia Lorenzo e en terceira posición quedou Amparo Portabales. Por último, na categoría E impúxose Carmen Novo. Na segunda posición quedou Ángeles Rodríguez e a terceira posición foi para Lourdes Prieto.
Tralas carreiras os participantes desprazáronse ata a Casa da Cultura do Milladoiro para presenciar o acto de entrega de premios. O alcalde de Ames, Santiago Amor, a concelleira de Deportes, María Eugenia Martín, o concelleiro de Promoción Económica e Educación, Bernardo Moar, o concelleiro de Obras e Urbanismo, Alfredo Taboada, e o gañador da XIII Milla Urbana na categoría promesa-sénior, Víctor Rioboo, foron os encargados de facer entrega dos trofeos aos gañadores e gañadoras. Tamén houbo un sorteo de varios agasallos e material deportivo.
Categorías de base
A primeira proba, correspondente á categoría prebenxamín, tivo lugar ás 11:00 horas e nela participaron os nenos e nenas nacidos a partir do ano 2006. O gañador desta carreira foi Pablo Codesido. En segunda posición quedou Santiago Vieites e terceiro foi Iago Blanco. Na categoría feminina a gañadora foi Sofía Dodman. Na segunda posición quedou Irene Lazzari e terceira foi Lucia Fonseca.
Posteriormente foi a quenda para os nenos e nenas da categorías benxamín que completaron unha distancia de 660 metros. Na categoría masculina o gañador foi Ephrem Canal. Na segunda posición quedou Brais Picón e terceiro foi Rodrigo Meijome. Mentres que na categoría feminina gañou Deki María Mato. Segunda foi Laura Codesido e terceira quedou Noelia Tome.
Os rapaces e rapazas da categoría alevín percorreron unha distancia de 990 metros. Na categoría alevín masculina o gañador foi, Daniel Mato, mentres que na segunda posición quedou Pablo Díaz e terceiro foi David Álvarez. Na categoría alevín feminina gañou Daniela Eiras. A segunda posición foi para Laura Pais e a terceira para Inés López.
A partir da categoría infantil, os atletas tiveron que dar tres voltas ao circuíto instalado na Travesía do Porto e percorreron unha milla completa. Na proba infantil masculina impúxose Darío Ramos. Segundo foi Diego Alonso e terceiro quedou Miguel Gesto. Neste mesma categoría pero na modalidade feminina gañou Claudia Fernández-Couto. Na segunda posición quedou Esther Blanco e terceira foi Míriam Cambeiro.
Na categoría cadete masculina o gañador foi gañou Brais Insua. Segundo foi Sergio Sobrido e terceiro quedou Pablo Nogueira. Mentres que na categoría cadete feminina impúxose Claudia Blanco. A segunda posición foi para Rocío García e terceira quedou Helena Sagastizabal.
A Milla Urbana é unha carreira que xa está consolidada no mundo do atletismo de Ames e da comarca. Este ano celebrouse a décimo terceira edición desta proba que segue espertando o interese de atletas pertencentes a clubs profesionais e de todas aquelas persoas que gozan facendo deporte. Os e as participantes tiveron que percorrer unha milla, é dicir, máis dun quilómetro e medio, por diferentes rúas do Milladoiro fixadas no circuíto que tivo a saída e a chegada no aparcadoiro da Travesía do Porto.
Nesta edición inscribíronse un total de 322 persoas. Os atletas estiveron distribuídos en oito categorías segundo a idade. A distancia que había que percorrer era dunha milla, excepto para os máis pequenos. Os prebenxamíns debían completar un circuíto de 330 metros, os benxamíns 660 metros e alevíns 990 metros.











Contido relacionado

La Voz de Galicia: "Milla Urbana de Ames con 332 corredores"
El Correo Gallego: "Víctor Rioboo proclámase campión da proba absoluta da XIII Milla Urbana"




