Pestanas principais

Vendéronse máis de 1400 tarxetas-bono da campaña Merc@mes

Mércores, 22 de setembro de 2021

En menos dunha semana vendéronse 1482 tarxetas-bono da campaña Merc@mes. En total, vendéronse 961 tarxetas de 100 euros e 521 tarxetas-bono de 50 euros. Esta é a segunda fase da campaña que se vai desenvolver entre o 15 de setembro e o 15 de novembro. Calquera persoa, residente ou non, no concello de Ames, pode adquirir os bonos.

En 5 días vendéronse 1482 tarxetas-bono da campaña Merc@mes, témolo todo! Isto dá boa mostra da boa acollida que está a ter esta iniciativa, a través da cal se está fomentando a compra no comercio local de Ames. En total, vendéronse 961 tarxetas de 100 euros e 521 tarxetas-bono de 50 euros.

En total puxéronse en circulación 2800 tarxetas, 1000 de 50 euros e 1800 de 100 euros. Quedan por tanto menos da metade, un total de 1318 tarxetas-bono por vender. Deste total 479 son de 50 euros e 839 tarxetas son de 100 euros.

A tarxeta-bono Reactiva Ames é unha tarxeta prepago a través da cal o Concello de Ames pon ao dispor das persoas beneficiarias unha axuda do 40% do valor da mesma. O Concello de Ames inviste 92.000 euros en axudas directas á adquisición de bonos para incentivar as compras nos establecementos comerciais do concello. Ditos bonos funcionan como unha tarxeta visa prepago, con banda magnética, sen chip nin PIN. Ademais, estas tarxetas poderán ser utilizadas en futuras promocións do Concello de Ames.

As tarxetas están dirixidas á promoción do comercio e da hostalaría local, polo que calquera persoa, residente ou non, no concello de Ames pode adquirir e empregar os bonos.

A segunda fase da campaña vaise desenvolver entre o 15 de setembro e o 15 de novembro. A primeira, que estivo en marcha entre o 1 de marzo e o 1 de maio, puxo en circulación 3000 tarxetas bono. Nesta primeira parte da campaña participaran 170 establecementos de Ames, xerando unha media de 734,11 euros de negocio en cada un deles.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, quixo agradecer unha vez máis a colaboración dos veciños e veciñas de Ames “agradecer a todos as persoas que están comprando as tarxetas para axudar ao comercio local e á hostalaría de Ames. Agradecer, tamén, a implicación das tres asociacións de comerciantes e empresarios do municipio e de Protección Civil que está a colaborar na venda das tarxetas-bono”.

207 establecementos adheridos á campaña
A esta segunda parte da campaña adheríronse un total de 207 establecementos comerciais. Premendo nesta ligazón poden consultarse os establecementos participantes.
Con todo, os establecementos adheridos dispoñen dunha pegatina de Merc@mes no escaparate para que a clientela os poida distinguir e saber en cales poden poder facer uso das tarxetas – bono.  

Vídeos promocionais da campaña Merc@mes
Realizáronse dous vídeos protagonizados polo actor e humorista, Pepo Suevos, e maila cantante e presentadora, Fátima Pego para explicar como adquirir e usar as tarxetas Merc@mes. Ditos vídeos pódense ver nas redes sociais do Concello de Ames (Facebook, Twitter e Instagram) e na canle de Youtube do Concello. Preme aquí para ver o vídeo explicativo sobre como empregar as tarxetas-bono.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Nunha semana xa voaron a metade dos bonos reactiva"

Revista AmesGo: "A campaña Merc@ames xa vendeu máis da metade das tarxetas bono"

Vendéronse máis de 1400 tarxetas-bono da campaña Merc@mes