[07-05-2018] O Concello de Ames dá a coñecer hoxe, 7 de maio, o nome das obras premiadas na décimo quinta edición do Certame Literario de narrativa e poesía. O concurso reuniu un total de 166 traballos procedentes de toda Galicia e de varias localidades do resto de España. Na modalidade de poesía houbo 86 traballos, mentres que en narrativa presentáronse 80 obras. Este ano o xurado do certame estivo composto pola escritora e profesora María López Sández; polo actor, director e guionista, Daniel Vilaverde Framil; e polo profesor e crítico literario, Armando Requeixo. Os premios entregaranse o día 16 de maio nun acto que se desenvolverá na Casa da Cultura do Milladoiro.
Na modalidade de narrativa (categoría de ata 13 anos) a gañadora foi a amesá, Sofía Álvarez Castro, coa obra Mil tormentas de area. A segunda clasificada foi María Calvar Giráldez, do concello de Mos, coa peza A miña árbore bombeira, mentres que na terceira posición quedou Mariña Maceiras Segovia, de Santiago de Compostela, co traballo Ao solpor, xunto ás ondas, no mar de Cangas...
Na segunda categoría (dos 14 aos 17 anos) a gañadora foi a amesá, Carmela Vieites Figueiras, coa obra Cristo en Esteiro. O segundo clasificado foi Daniel Souto Pazó, do concello de Brión, coa peza Contos repelentes para adolescentes, e na terceira posición quedou Iría Sánchez Del Río, do concello de Negreira, co traballo Noite de lóstregos.
Na terceira e última categoría (18 anos ou máis) o gañador foi o amesán Xosé Anxo Corral Suárez, con Ortigas nos beizos. A segunda posición foi para Ricardo Cid Paz, de Ourense, coa peza Querido Walter, mentres que a terceira posición quedou deserta, ao rexeitar o premio a autora.
Gañador@s na modalidade de poesía
Na modalidade de poesía (categoría de ata 13 anos) o primeiro premio foi para o amesán, Damián del Río Figueiras, coa obra Galicia para o mundo. O segundo clasificado foi Marcos Boullosa Álvarez, do concello de Pontevedra, coa obra O que xa ninguén, mentres que na terceira posición quedou Mariña Maceiras Segovia, de Santiago de Compostela, co traballo Ano aneiro, rotas enteiro.
Na segunda categoría (dos 14 aos 17 anos) o primeiro premio foi para Alba de la Torre González, do concello de Vigo, coa obra Eternos. O segundo premio recaeu en Jorge Moral Vidal, do concello de Ourense, coa peza Alegatos Amargos, e na terceira posición quedou a amesá Iria Pérez Álvarez, con Emoción de censura.
Por último, na categoría de 18 anos ou máis, o gañador foi Xosé Otero Canto, do concello de Lugo, coa obra Eramos nós, o segundo clasificado foi Amauta Castro, de Girona, coa peza Este corpo momentáneo, e na terceira posición quedou Mónica Cores Vázquez, do concello de Ordes, co traballo Fobos e deimos.
Nesta edición o xurado tivo que valorar 166 traballos, a cifra máis elevada desde a creación deste certame. Na modalidade de poesía, presentáronse un total de 86 traballos (9 na primeira categoría, 10 na segunda e 67 na terceira). No tocante á modalidade de narrativa, o Concello de Ames recibiu 80 propostas (16 na primeira categoría, 15 na segunda e 49 na terceira). Nesta ocasión, o xurado estivo conformado pola escritora e profesora de ensino secundario, María López Sández; polo actor, director e guionista, Daniel Vilaverde Framil; e polo profesor e crítico literario, Armando Requeixo.
Contido relacionado

Compostela 24 horas: "Vecinos de Ames consiguen cuatro de los seis premios del XV Certame Literario de narrativa e poesía"
La Voz de Galicia: "O Certame Literario de Ames alcanzou este ano a cifra histórica de 166 traballos"




