Pestanas principais

A veciñanza do concello de Ames súmase á folga feminista do 8M

Xoves, 08 de marzo de 2018

[08-03-2018] O Concello de Ames conmemora o Día Internacional das Mulleres con varias actividades que se desenvolven ao longo deste xoves 8 de marzo. Esta mañá, de 12:00 a 14:00 horas, realizouse unha concentración diante da Casa do Concello con motivo da folga feminista do 8M. Moitos veciños e veciñas, traballadores do Concello, membros dos grupos políticos con representación na corporación e integrantes da plataforma feminista galega de Ames, participaron en dita concentración enchendo a praza do Concello. As concelleiras da corporación municipal deron lectura á declaración 8M institucional do Concello de Ames con motivo do Día Internacional das Mulleres.

No Concello de Ames a folga feminista do 8M tivo un gran seguimento. Se atendemos ao ámbito educativo municipal, composto fundamentalmente por mulleres (mestras, educadoras infantís, persoal de cociña e de servizos xerais), o seguimento da folga entre as 12:00 e as 14:00 horas foi do 95% das traballadoras das escolas infantís municipais e do 100% das traballadoras da Rede municipal de comedores escolares, unha vez garantidos os servizos mínimos. No programa de madrugadores Bos días Cole o servizo funcionou cos servizos mínimos do 20% e sen incidencias.

Por outra banda, cómpre destacar que esta mañá, de 12:00 a 14:00 horas, realizouse unha concentración diante da Casa do Concello con motivo da folga feminista do 8M. Moitos veciños e veciñas, traballadores do Concello, membros dos grupos políticos con representación na corporación e integrantes da plataforma feminista galega de Ames, participaron en dita concentración enchendo a praza do Concello. As concelleiras da corporación municipal deron lectura á declaración 8M institucional do Concello de Ames con motivo do Día Internacional das Mulleres.

Ademais, o Concello de Ames organizou un acto de conmemoración do Día Internacional das Mulleres, no que se lle fará un acto de homenaxe á poeta de Ames, Filomena Fraga. Dito acto celebrarase hoxe, 8 de marzo, ás 19:30 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Haberá actuacións musicais a cargo das pandereteiras do programa Amessan. Ademais, intervirán diferentes persoas que teñen unha especial vinculación coa poeta homenaxeada. Dentro de dita programación, onte representouse a obra de teatro A cousa de Bernarda Alba, de Martabelas, no auditorio da Casa Cultura do Milladoiro. Onte tamén se contou coa actuación das pandereteiras do programa Amessan.


Contido relacionado


Ames Go: "Éxito de participación na concentración do 8M en Ames"
Lindeiros: "As mulleres pararon na bisbarra"
Compostela 24 horas: "Un centenar de mujeres se concentran en la Praza do Concello en Ames"
El Correo Gallego: "Miles de mujeres de Área reclamaron sus derechos"
La Voz de Galicia: "La comarca se suma a la lucha en favor de la igualdad de género"