Pestanas principais

A veciñanza de Lapido illada ante unha emerxencia polo abandono da ponte

Mércores, 10 de setembro de 2025

A veciñanza de Lapido vive preocupada pola desatención que sofren xa que hai un punto no camiño convencional á  entrada da aldea que se estreita tanto que impide o paso a calquera vehículo de emerxencia. “É imposible que unha ambulancia ou un camión de bombeiros poida acceder a atender a unha persoa por esta vía” explica Carla Vázquez, veciña de Lapido, “por iso hai anos xuntámonos os veciños e veciñas, recollemos firmas e fixemos unha petición no Concello para que nos habilitaran a ponte como vía excepcional  para o paso de vehículos de emerxencia”, lembra.

O problema é que actualmente o estado de conservación da ponte é tan deficiente que imposibilita  o acceso ás casas dos vehículos necesarios ante unha situación de emerxencia. “Por este motivo dende o BNG de Ames reiteramos a petición, xa feita en xullo, de que se amañe atendendo ás necesidades da veciñanza”, indica a voceira do BNG de Ames, Escarlata Pampín.

Enlace ao vídeo: https://www.instagram.com/reel/DOWdSiDDcZq/?igsh=MXZ3cjc3a2oybnN0bw%3D%3D

A veciñanza de Lapido illada ante unha emerxencia polo abandono da ponte

Multimedia

  • A veciñanza de Lapido illada ante unha emerxencia polo abandono da ponte