Pestanas principais

A V Festa do Apego celébrase na Casa da Cultura de Bertamiráns e no Pazo da Peregrina

Sábado, 25 de maio de 2024

O Concello de Ames, a través da Concellería de Normalización Lingüística, organiza a V Festa do Apego, que se celebra ao longo de toda a xornada de hoxe no Pazo da Peregrina de Bertamiráns a excepción dos concertos de Golfiños e  Oviravai, que trasladan á Casa da Cultura de Bertamiráns. Haberá maxia, contos con música, xogos, concertos, teatro de monicreques, obradoiros e moitas máis actividades. A entrada é libre e de balde. Premendo nesta ligazón pódese acceder á programación completa do evento. A través desta ligazón pódese acceder á galería de imaxes do evento.

O Apego é un programa colectivo de varios concellos que promove a transmisión do galego como lingua inicial nas familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos, e contribúe á socialización en galego das crianzas con recursos tanto virtuais como físicos. Apego ofrece información e actividades formativas e de lecer tanto para as familias e as crianzas, como para os e as profesionais.

Programación matinal     
A festa deu comezo ás 11.00 horas con “Carapuchiña e os 5 lobiños”, de Ángeles Goás e Cristina Castro, un espectáculo no que a protagonista é unha Carapuchiña Vermella que vive unha aventura diferente. Esta actividade, dirixida a crianzas de 0 a 3 anos, tivo lugar no interior do Pazo da Peregrina. A combinación da narración de Ángeles Goás e a música de Cristina Castro, permitiu que os máis pequenos da casa desfrutasen coa familia aprendendo xeitos novos de contar historias.

Ás 12.00 horas, foi a quenda do Mago Paco e o seu espectáculo de maxia participativa “Hocus Pocus”, cheo de xogos máxicos e sorpresas que deixaron aos asistentes coa boca aberta.

A xornada de mañá rematou ás 13.30 horas co concerto de Golfiños na Casa da Cultura de Bertamiráns. Este grupo musical trouxo o seu último espectáculo, “Silforiña”, no que as cordas dunha guitarra e dun ukelele e as teclas dun piano se converteron na alfombra máxica que transporta a voz de Elena Paz a un mundo de aventuras únicas, coas que bailar, cantar e brincar no mundo das emocións.

Actividades ao longo de toda a tarde
A sesión de tarde abrirase ás 17:00 horas co espectáculo “Filla de Cacharulo” de Títeres Babaluva, unha peza teatral con música en directo dirixida a crianzas de a partir de 3 anos. Nesta proposta coñeceremos sardiñas, rodaballos, caranguexos, troitas e outros peixes que a través das mans e da voz de Mirari Urruzola e do piano de Merran Laginestra nos animan a camiñar cara a un mundo máis xusto, equitativo e sostible.

Ás 18.30 horas, chega Marta Ortiz co seu espectáculo “Tralará”, no que xunta contos, cantigas e obxectos. Con Ortiz aprenderemos cancións, contos rimados e trabalinguas, para xogar coa lingua; contos acumulativos e encadeados, para sentir o ritmo dos versos e das sílabas; cancións de mans e contos con lingua de signos, para afondar na xestualidade de forma divertida e participativa. En definitiva, contos de antes e de agora, cun pé para adiante e outro para atrás, bailando entre a tradición e a actualidade. Tralará xoga co ritmo que emana do propio contar e da lingua.

A V Festa do Apego pecharase ás 20.15 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns cun concerto para todas as idades a cargo do grupo de música infantil “Oviravai”. Nel os aissitentes cantarán e bailarán ao ritmo dos temas do seu último traballo Paio e o poder da música. Oviravai é unha compañía galega, dedicada ao desenvolvemento de contidos educativos e culturais para público infantil e familiar, que se define a si mesma como unha fábrica de soños. Soños que mediante personaxes como o Teixugo Paio, o Oso Aurelio, ou a Moucha Anacleta, entre outros, converten en realidade a través da música, os espectáculos e os libros.

Actividades permanentes abertas durante toda a xornada
Ao longo de todo o día haberá actividades que estarán abertas de xeito permanente, en horario de 11.00 a 14.30 e de 16.30 a 20.00 horas, no patio do Pazo da Peregrina. A través delas achegarase asesoramento personalizado ás familias sobre recursos lúdicos e formativos que poden ser útiles durante a crianza. Estas actividades son tamén espazos nos que as nenas e os nenos terán ao seu dispor xogos de mesa, materiais naturais non estruturados para promover a creatividade e o xogo libre, unha ampla variedade de obras infantís para mergullarse na lectura compartida, un obradoiro de creación de personaxes con pasta de papel e outro obradoiro de tatuaxes e chapas con Apego para que todas e todos leven un agasallo da Festa do Apego.

Neses espazos estará Cris de Caldas cun espazo de recursos para facilitar a crianza en galego, Pedras de Papel cun obradoiro de pasta de papel, Brazolinda con xogos de mesa de moi diferentes temáticas e para todas as idade, e Miudiño co seu espazo de xogo libre “Terra”, creado con material natural non estruturado con múltiples posibilidades para fomentar a creatividade

Así mesmo, a festa contará cun espazo Apego no que o persoal do Servizo de Normalización Lingüística achegará información sobre o programa e os recursos que pon ao dispor das familias interesadas.

A V Festa do Apego celébrase na Casa da Cultura de Bertamiráns e no Pazo da Peregrina

Multimedia

  • A V Festa do Apego celébrase na Casa da Cultura de Bertamiráns e no Pazo da Peregrina