Pestanas principais

Uxía e Malena do equipo infantil autonómico do F.C. Meigas foron convocadas pola selección galega

Venres, 27 de abril de 2018

[27-04-2018] O Fútbol Club Meigas tivo outra boa nova xa que dúas das rapazas, Uxía e Malena, que forman parte do equipo infantil autonómico formaron parte da convocatoria da preselección infantil galega e puideron compartir un adestramento coas mellores xogadoras infantís de Galicia. O caso de Malena, é nalgún sentido, máis especial, pois aínda pertence á categoría alevín. Este éxito súmase a recente participación dunha ducia de xogadoras e dous adestradores do F.C. Meigas no campionato galego de seleccións comarcais.

Uxía Penas Atanes xoga como porteira no equipo infantil autonómico, sendo esta a súa primeira tempada no F.C. Meigas. Segundo indican dende o propio club amesán a súa evolución está sendo espectacular, pasando en poucos meses de non xogar a debutar co primeiro equipo do F.C. Meigas, no que tivo actuacións moi destacadas. O seu traballo veuse recompensado con esta convocatoria da preselección infantil galega.

Por outra banda, Malena Pellegrino Vignolo é unha xogadora universal, pode moverse en calquera posición. Esta é a súa sétima tempada no F.C. Meigas, sendo desta maneira unha xogadora con marca da casa, pois leva dende os 4 anos na escola do F.C. Meigas.
Xoga nos equipos alevín local e infantil autonómico, sendo a capitana deste último. Esta xogadora tamén formou parte da preselección infantil galega.