Pestanas principais

A unidade móbil do Tour Experiencias Galicia Calidade estará mañá na praza da Maía de Bertamiráns

Mércores, 12 de setembro de 2012

[12-09-2012] Este xoves, 13 de setembro, o Tour Experiencias Galicia Calidade achegarase ata Ames para presentar esta campaña e impartir Showcookings e facer demostracións de cociña. A unidade móbil estará durante todo o día na praza da Maía, situada en Bertamiráns. Faranse tres demostracións de cociña, nas que poderán participar un máximo de 35 persoas en cada unha, e que terán unha duración aproximada dunha hora. Os obradoiros serán ás 12:30h; 17:30h e 19:00 horas. Para participar nestes obradoiros haberá que inscribirse previamente no Concello enviando un correo electrónico a turismo@concellodeames.org ou chamando ao número de teléfono 981 883 002, extensión 2012. Se quedan prazas libres tamén se poderán realizar inscricións o mesmo día das actividades na unidade móbil.

A Consellería de Economía e Industria, a través da entidade Galicia Calidade, puxo en marcha unha campaña de promoción que percorrerá ata o próximo 29 de setembro un total de 35 localidades das catro provincias co obxectivo de informar sobre o selo de garantía e promover o consumo de produtos galegos. O obxectivo prioritario de Galicia Calidade é achegar esta campaña ás asociacións de amas de casa e aos consumidores, así como á cidadanía en xeral.

A intención do Tour Experiencias Galicia Calidade é achegar aos usuarios non só a calidade dos produtos con selo de Galicia Calidade, se non tamén, ao mesmo tempo, as súas aplicacións na cociña. Galicia Calidade quere achegarlle á cidadanía o mellor da nosa terra e que a xente coñeza como se pode sacar o máximo partido á mellor selección de produtos, coa garantía das marcas galegas máis prestixiosas. Isto faise da forma máis atractiva, interactiva e amena posible para xerar no consumidor a maior sensación de proximidade posible, por iso Galicia Calidade sae a rúa.

Inscrición nos obradoiros de cociña

As actividades que ser enmarcan dentro deste Tour baséanse principalmente en impartir Showcookings e facer demostracións de cociña con produtos de Galicia Calidade. Estas poderanse seguir tanto desde o interior do vehículo, equipado cunha cociña, como a través das pantallas habilitadas no exterior. Os produtos cociñados repartiranse entre o público, ao que tamén se lle ofertarán receitarios.

Concretamente, faranse tres demostracións de cociña, de aproximadamente 60 minutos cada unha. Os horarios son ás 12:30h; 17:30h e 19:00 horas. O alcalde de Ames, Santiago Amor, e o concelleiro de Promoción Económica, Bernardo Moar, visitarán a unidade móbil ao longo da xornada.

En cada unha das demostracións poden participar un total de 35 persoas. Para participar nestas actividades haberá que inscribirse previamente no Concello enviando un correo electrónico a turismo@concellodeames.org ou chamando ao número de teléfono 981 883 002, extensión 2012. Se quedan prazas libres tamén se poderán realizar inscricións o mesmo día das actividades na unidade móbil.

Ademais, na unidade móbil que estará aparcada na praza da Maía, situada en Bertamiráns, ofrecerase información de primeira man sobre a marca Galicia Calidade, a súa aposta pola innovación e a internacionalización das empresas galegas e os produtos e servizos asociados.

Finalmente, haberá un reparto de obsequios, folletos promocionais e sorteos. A marca Galicia Calidade, que se propuxo con esta iniciativa chegar a 35.000 persoas, conta con máis de 150 produtos e servizos amparados dun total de 44 empresas asociadas.