Pestanas principais

A unidade móbil de inspección técnica pasará revisión de ciclomotores en Bertamiráns o luns 22 de febreiro

Sábado, 20 de febreiro de 2016

[20-02-2016] A unidade móbil de inspección técnica desprazarase a Bertamiráns a derradeira semana do mes de febreiro, concretamente o luns 22 deste mes. A unidade estará dispoñible para realizar inspección técnica de ciclomotores, de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas na explanada do polideportivo de Bertamiráns. Aqueles e aquelas que desexen concertar cita poderano faer na páxina web sycitv.com ou no teléfono 902309000. Aos vehículos que se presenten sen cita previa asignaráselles día e hora de atención ao público directamente na estación móbil, segundo a dispoñibilidade do servizo. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o bando sobre a unidade móbil de ciclomotores.

Dende a entrada en vigor do Real Decreto 711/2006 todos os ciclomotores de dúas rodas e máis de tres anos de antigüidade están obrigados a realizar unha inspección técnica periódica. O obxectivo da unidade móbil é evitar que a cidadanía teña que desprazarse até as estacións fixas de inspección técnica. Os e as usuarias deberán acudir, no momento da revisión, coa documentación do seu ciclomotor.

Na inspección de ciclomotores compróbanse os elementos que afectan á seguridade viaria, á protección do medio ambiente, ás inscricións regulamentarias e a reformas de importancia. Realízase unha medición do ruído producido polo ciclomotor, do alumeado, a sinalización, o sistema de freado, a dirección, a suspensión, os eixos, as rodas, os pneumáticos e, ademais, mídese o nivel de emisión de gases do tubo de escape.